XXIV Feira do Grelo

62

Mañá domingo 22 de febreiro estamos de festa nas Pontes coa XXIV Feira do Grelo cunha suculenta degustación de cocido e freixós ….. e co concurso de cestas de grelos de tódolos anos.



Programa:
08.00-10.00: Concurso para cestas de grelos.
Numeración das cestas dos participantes na Rúa Ramón Cabanillas.
(Se chove o concurso celebrarase no patio do Colexio Sta. María).
10.00-11.00: Exposición e cualificación das cestas.
10.30: Apertura das Exposicións
– Mostra da asociación de artesáns. Mercado vello.
– Enerxeia. Módulo expositivo da Casa da Enerxía. Soto da Casa Dopeso.
– Mostra de productos alimentarios. R/ Ramón Cabanillas. Alexandre Bóveda.
– Apertura da Casa da Mel (Goente). De 10 a 13 horas, e de 16 a 20 horas. Visitas guiadas.
– Apertura do Museo Etnográfico Monte Caxado. 11:30 a 13:30 horas. Visitas guiadas.
11.00: Retirada das cestas seleccionadas polo xurado e posta á venda da mercancía exposta. Ata as 13.00 horas.
11.30: Pasarrúas dos Ponteses e dos Trevillas
12.30: Degustación de cocido, freixós e viño.
Sobremesa: requeixo con mel. Patio do Colexio Sta. María.
12.30: Entrega de premios e actuación da A.C. Alende. Patio do Colexio Sta. María.
18.30-20.30: Reapertura das Exposicións.
18.00: I Festival de comparsas Vila das Pontes coa participación de Carlos Blanco.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios