Dez visións de Compostela na entrada do CGAC ó Xacobeo

90

Lendo elcorreogallego.es:
“O uso da fotografía e o marcado interese pola reflexión arredor do cotián, pola paisaxe e pola arquitectura urbana e periférica unen ós dez artistas que o vindeiro 5 de marzo instalarán no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a súa visión de Compostela.
O propio director do CGAC, Miguel Fernández-Cid convidou como comisario da mostra a un grupo de artistas a vencellar o seu proxecto á cidade e á súa historia. O resultado son dez historias entrelazadas que compoñen un conxunto significativo de obras inéditas e en dúas delas o tempo proposto interferiu con obras.”…


…”Xunto á fotografía, o vídeo, a animación por ordenador, xorden nos traballos outros medios artísticos, que parten de escenarios diversificados e alleos á representación convencional de Compostela.
Un dos artistas, Beat Streuli (Altdorf, Suíza, 1957), documenta a presencia humana nos espacios urbanos, captando sen artificios e coa cámara de vídeo as persoas que conflúen en puntos de referencia da cidade, tentando marcar a súa singularidade.
Desde a posición dun artista especializado que vais máis alá do patrimonio monumental, Gabrielle Basilico (Milán, 1944) proporá no CGAC unha ollada alargada do territorio que chega ás zonas polas que a cidade medra.
A animación por ordenador é a técnica que o artista sueco Lars Arrhenius utiliza nunha obra inédita na que relata a súa versión pictográfica da cotianeidade.
O proxecto do alemán Günter Förg (Füssen, 1952) céntrase na arquitectura de Álvaro Siza da facultade de Ciencias da Comunicación nun xogo de espellos e ventás que estende o concepto inicial.
Lorena Simpson (Brooklyn, Nueva York, 1960), unha das máis controvertidas do momento, convida a cuestionar determinados clixés relacionados co feminismo, o racismo ou as relacións sociais, incitándonos a permanecer alerta sobre a información á que acudimos para lexitimar o coñecemento que temos do mundo.
A catalana Montserrat Soto (Barcelona, 1961) presenta unha instalación fotográfica baseada en imaxes de escenarios paisaxísticos composteláns, que acompaña con outras procedentes doutras xeografías.
Tras unha mostra individual, Roland Fischer (Múnich, 1958) volve ó CGAC para percorrer a cidade capturando os seus persoais retratos, condensando e fragmentando a arquitectura.
Rubén Ramos Balsa, (Compostela, 1978) ofrece unha poética visión de Santiago a partir de obras resultado da exposición prolongada das súas cámaras manuais.
O arxentino Humberto Rivas é o único que se inspira directamente no contorno da arquitectua histórica, co seu peculiar xeito de tratar a imaxe.
Finalmente, Peter Wüthrich (Berna, 1962) reconstrúe situacións a partir de libros, presenta un proxecto realizado na Biblioteca de América da USC.”
Fonte: elcorreogallego.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios