A Xunta aposta polo ‘software’ libre e decide instalar Linux nos institutos

56

Lendo lavozdegalicia.com:
“Galicia convertiuse no novo campo de batalla da guerra que dende fai tempo manteñen Linux e Windows no mercado dos sistemas operativos informáticos. Un enfrentamento aparentemente desigual, no que os opoñentes son Microsoft, a empresa presidida polo todopoderoso Bill Gates, e os defensores do software libre, a comunidade de usuarios de Linux á que non respalda ningunha empresa.”…


…”A pugna entre os dous sistemas é intensa tanto para gañarse a confianza dos particulares, entre os que o ascenso de Linux é constante, como en empresas e administracións públicas. E é precisamente neste terreo no que a Xunta acaba de dar un paso significativo en favor do software libre ó decidir dotar ós centros de ensinanza públicos co sistema Linux, ademáis do xa habitual Windows.
No que vai de ano, repartíronse xa 500 novos ordenadores en institutos de toda Galicia dotados do denominado arranque dual. Isto significa que os usuarios, profesores e alumnos, terán a posibilidade de elixir entre Windows e Linux. Néstor Valcárcel, secretario xeral da Consellería de Educación, explica que o obxectivo é ‘garanti-la liberdade de elección, pero sendo conscientes de que non todo o mundo sabe manexar Linux’. Para paliar este problema, a Xunta organizará cursos de formación para profesionais da ensinanza.
Libertade de elección
Este modelo podería exportarse ó resto da Administración galega. Polo de agora, o modelo de Linux xa suplantou a Microsoft no que se refire ós servidores, xa que os técnicos considérano máis seguros e máis estables. Estas medidas seguen o exemplo doutras comunidades e gobernos que xa adoptaron Linux.
As consecuencias desta medida van máis aló do aforro que poida supoñer no pago de licencias, xa que estaría compensado polo custe de formación de persoal. O que está en xogo é a liberdade de elección dos usuarios e a posibilidade de dispor de sistemas máis flexibles e sen someterse ós designios dun único proveedor.”
Fonte: lavozdegalicia.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios