Hackean o sitio web que recollía sinaturas contra Alejandro Sanz

66

Lendo iblnews.com:
“Leopoldo Briceño, presidente da Coalición por un Mundo Sen Alejandro Sanz, informou que ‘problemas técnicos’ afectaron durante o día do luns a páxina que recolle sinaturas contra o cantante, perdéndose as 36.000 sinaturas xa depositadas.”…


…”O sitio web www.petitiononline.com, xa tivo outros problemas xusto anunciarse a protesta, o xoves e o venres, sinala o promotor da iniciativa, sen embargo estos solucionáronse, aínda que un gran número de visitantes non puideron exerce-lo seu dereito de protesta.
Finalmente os problemas técnicos solucionáronse, aínda que a última hora do domingo e durante onte luns, volveron a quedar ‘paralizados’, perdéndose gran parte da sinaturas recolectadas.
Briceño, ve en todo isto unha situación moi estraña e descoñece se é un problema da páxina web ou un ataque de hackers. Aínda que resalta que outras peticións dispoñibles neste sitio funcionan perfectamente e sen os problemas deste, o que lle permite facer dudar de que se trate ‘exclusivamente’ de problemas do propio servidor.”
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios