Horde, unha solución para traballo en grupo

106

Lendo barrapunto.com:
“Ultimamente parece que hai xente que está a buscar unha alternativa a Exchange, que manteña as súas funcionalidades, sobre Linux. Pois esa alternativa é Horde. É un entorno de traballo realizado en PHP que permite o acceso ó servidor de correo mediante IMAP e que ademáis incorpora calendario, eventos, notas, importación de axenda dende Outlook, directorio LDAP e outros compoñentes e funcionalidades.”…

horde-color.gif


…”Utiliza MySQL ou PostgreSQL para almacenar toda a información das preferencias, os contactos, o calendario… Realmente está moi traballado. É totalmente modular o que permite ir engadindo funcionalidades de forma facil e rápida.
A outra gran solución groupware é opengroupware, aplicación da que se liberou o código o ano pasado baixo unha gran expectación, pero parece que o proxecto ten pouca continuidade. É debido en gran parte a que é un paquete que incorpora tamén o servidor de correo, e a súa estructura é bastante máis complexa que a de Horde. Aínda que o proxecto prometía moitísimo quedouse estancado.
Realmente vale a pena perder bastante tempo e instalar Horde, e digo bastante tempo porque o leva, non tanto a instalación, que é rápida e sinxela, se non a configuración para que interactúe co servidor IMAP que ás veces é un pouco complicada. Pero o resultado compensa o esforzo.”
Web oficial de Horde: The Horde Project
Fonte: barrapunto.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios