Actividades da ‘Casa do mel’ para o 2004

73

Xa temos información das actividades que están a preparar na Casa do Mel de Goente para os vindeiros meses, e entre elas destaca-la celebración do seu I Aniversario.

casadomel.jpg


– 6 de marzo, 18 horas: Charla sobre o manexo e revisión da colmea. Completarase cunha tarde de prácticas nas colmeas cando o tempo o permita.
– 20 de marzo, 18 horas: Charla e proxección dun vídeo sobre o pole.
– 17 de abril, 18 horas: Charla e proxección dun vídeo sobre a cría de raiñas.
– 15 de maio: primeiro aniversario da Casa do Mel. Organizando unha comida de confraternidade.
– 12 de xuño, 18 horas: Charla e proxección dun vídeo sobre a producción de xalea real.
– Do 27 de outubro ó 1 de novembro: V xornadas apícolas do Eume.
· 27, 28 e 29 de outubro, actos na Casa do Mel con escolares.
· 30 de outubro, conferencia e presentación do libro ‘A apicultura na escola’, escrito por Xesús Rodríguez.
· 1 de novembro, Feira do Mel.
– Novembro: Viaxe a Tenerife para completa-lo acto de irmanamento ‘Casa de la Miel de Tenerife’ – ‘Casa do Mel do Eume’

mel.jpg

Para participar nas actividades, tedes que anotarvos ou ben na propia Casa do Mel, ou ben no teléfono 661 003 616.
O horario de apertura da Casa do Mel, é os sábado e domingos de 16:00 a 21:00 horas.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios