Destacados expertos en Software Libre intervirán nunhas xornadas organizadas polo Concello de Lugo

151

A Concelleira de Promoción Económica, Eva Real, presentou as xornadas “Cara a unha sociedade do coñecemento libre”, que terán lugar os días 2 e 3 de marzo no salón de graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo. As xornadas, organizadas por esta concellería, permitirán reunir en Lugo a algúns dos mellores expertos nacionais sobre o sofware libre.

lugo.jpg


As xornadas terán dúas partes diferenciadas: o software libre e as axudas e incentivos para o impulso das tecnoloxías da comunicación nas empresas galegas. Para tratar este segundo tema, o Concello invitou a participar a directivos da Xunta de Galicia, IGAPE e Telefónica, entre outros.
“A comunidade do sofware libre darase cita en Lugo para tratar temas decisivos como os novos modelos de negocio ou fórmulas innovadoras de desenvolvemento”, explicou Eva Real. As xornadas enmárcanse dentro do programa “Lugo, a cidade do coñecemento”.
Segundo explicou a concelleira, as xornadas van destinadas en especial á comunidade universitaria e ós novos emprendedores. Sen embargo, están abertas ó público en xeral. “As xornadas permitirannos albiscar novos horizontes. A tecnoloxía é suficiente. O que escasea é a creatividade. Esta é unha boa oportunidade para reflexionar sobre estes temas”, afirmou.
Fonte: concellodelugo.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios