Sony Ericsson lanza novos modelos de móbiles con cámara

48

Lendo iblnews.com:
“O vicepresidente da zona de Europa, Oriente Próximo e África, Mike van der Wallen e o director xeral para España, Raúl Ortiz, presentaron hoxe a estratexia da compañía coincidindo coas presentacións internacionais de Londres e Asia, segundo informou EFE.”…

k700.jpg


…”Van der Wallen lembrou que Sony-Ericsson é xa unha empresa rendable debido á súa posición de líder no mercado da imaxe por móbil e fixo fincapé no premio obtido polo seu móbil T-630 como mellor dispositivo na última feira de Cannes pola asociación GSM.
Explicou que en 2003 se venderon 55 millóns de teléfonos móbiles con cámaras no mundo e só 40 millóns de cámaras dixitais.
Afirmou que este mes comezará a comercializa-lo seu móbil con tecnoloxía UMTS, o Z1010, e que haberá dispositivos suficientes cando os operadores lancen esta tecnoloxía para terminales móbiles, no segundo trimestre.
No acto, presentouse o móbil K700 Sony-Ericsson, xa con doble frontal -teléfono por un lado e cámara polo outro- que conta con zoom, 32 megas de memoria capaz de gardar 450 fotografías ou 375 clip de vídeo, radio, MP3 e compositor de melodías.
Tamén presentou o S700, que ten unha cámara de fotos con 1,3 megapixel, pantalla TFT, reproductor de MP3 e xogos en tres dimensións, entre outras ventaxas.
Entre os dispositivos presentados, destaca o visualizador multimedia, un pequeno aparato que se inserta no televisor e mediante tecnoloxía inalámbrica Bluetooth permite ver na gran pantalla as fotografías do teléfono móvil.
Entre outros productos, presentáronse as novas tarxetas para PC e mans libres para coche.”
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios