Microsoft informa dun fallo de seguridade detectado no MSN Messenger

115

Lendo libertaddigital.com:
“A compañía de Bill Gates informou de tres novos fallos de seguridade en varios dos seus productos. O primeiro dos ‘furados’ afecta ás versións 6.0 e 6.1 do servicio de mensaxería instantánea MSN Messenger. Os outros detectáronse no programa de correo electrónico Outlook 2002 e no Windows Media Services 4.1.”…


…”Microsoft colgou no seu sitio web os tres parches para reparar estos furados, dos que a súa identificación forma parte do programa de seguridade que o xigante informático decidiu poñer en marcha recentemente.
O primeiro fallo afecta ó MSN Messenger 6.0 e ó MSN Messenger 6.1, e podería dar acceso ós atacantes ó disco duro do ordenador da víctima sen que esta se percate, segundo dixo Stephen Toulouse, director de programas do Centro de Respostas de Seguridade de Microsoft.
O segundo fallo, de risco medio, podería permitir ós atacantes facerse co sistema do usuario executando o código do explorador de internet a traveso dun fallo no programa de correo electrónico Outlook 2002. Por último, o terceiro erro de seguridade permitiría ós piratas informáticos levar a cabo ataques de ‘denegación de servicio’ contra os servidores que utilizan o sistema operativo Windows Media Services 4.1.”
Fonte: libertaddigital.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios