Aprobadas axudas para catro novas casas de turismo rural no Eume

94

Lendo diariodeferrol.com:
“O programa europeo Proder contribuíu ó desenvolvemento económico e social da comarca eumesa, ata entón demasiado vinculada ó sector primario. A entrada en funcionamento de aloxamentos rurais e establecementos de restauración adicados, en calquera dos casos, a potencia-los valores históricos ou os recursos arquitectónicos dun determinado emplazamento ou contrucción foron, sen dúbida, o motor do cambio.”…


…”Con cargo a ese primeiro respaldo da Unión Europea, habilitáronse cinco cantinas, que é con esta denominación como se distingue ós locais adicados á restauración local; tres restaurantes; un total de oito casas de turismo rural; dous albergues e un camping, ademáis dun posterior aloxamento no termo municipal de Vilarmaior.
Esta actividade en termos económicos tradúcese nunha inversión global cuantificada por encima dos 3,5 millóns de euros.
Transcurrido algún tempo e dado-los magníficos resultados e a total rendabilidade dos custes iniciais, empezan a tomar forma novos proxectos ó amparo do Leader Plus, novo programa europeo de axuda ó desenvolvemento na zona do Eume.
No primeiro tramo da convocatoria, cursáronse axudas para un total de catro novos aloxamentos, que se localizan en San Sadurniño e Moeche. De cara ó periodo comprendido entre o ano 2002 e o 2008, as solicitudes suman catro, tres casas de turismo rural (Moeche, Monfero e As Pontes) e un novo restaurante no termo municipal de Cabanas.
Por outra parte, a Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia galardoou a EuroEume pola creación das cantinas.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios