Dr. Funkstein e a banda estradense Indana ofrecen hoxe un concerto no pub Zona Zulú

Dr. Funkstein ofrecerán esta noite o seu funk-rock festeiro nas Pontes.

60

A cita é esta noite, a partir das 00:00 h. Como grupo invitado preséntase Indana, banda da Estrada con influencias tales como Guano Apes, Super Skunk o Rage Against the Machine.

drfunkstein_CARTEL 2004p2.jpg



Indana abre o concerto que terá lugar hoxe, Venres 26 de Marzo a partir das 00:00 h. Sonido sólido e estilo propio que fará gozar tanto os seguidores do metal máis potente como ó publico máis moderado.

Máis tarde será o turno para a banda pontesa Dr. Funkstein, nun concerto que supón a volta do grupo a As Pontes dende o derradeiro concerto ofrecido no Nabiza Rock 2003. Non perdas esta cita onde Dr. Funkstein ofrecerán algún tema novo e tamén máis dunha sorpresa. O ritmo e o bon rollo están asegurados. Vémonos esta noite!

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios