Pontoibo e San Vicente

96

igrexa01.jpg


Hagiografía de San Vicente
Vicente de Zaragoza
+304 diácono mártir -festa: 22 de xaneiro.
Membro dunha familia consular. Naceu en Huesca, o seu pai chamábase Eutiquio e a súa nai Enola. Quixeron os seus pais destinalo ás letras e enviárono a estudiar a Zaragoza baixo a dirección do bispo Valero, que o introduciu no estado clerical ordeándoo diácono. Por se-lo prelado tardo de palabra, encomendoulle a Vicente que asumise a misión de predicar no seu nome, co que se convertiu no seu brazo dereito, sendo o primeiro dos sete diáconos de Cesaroaugusta.
En 303 desencadeouse unha forte persecución. O edicto imperial dispoñía a destrucción dos templos cristiáns, a queima dos libros sagrados e graes castigos para as persoalidades máis representativas da Igrexa. Moitos foron encarceados e torturados para acada-la súa apostasía. En Hispania fíxose célebre o prefecto Daciano, un persoeiro que tiña unha crueldade proverbial entre os cristiáns, deixando unha importante serie de mártires. Chegou Daciano a Zaragoza co proxecto de aniquilar ós cristiáns e entre outros prendeu a Valero e ó seu diácono Vicente. Por razóns que se nos escapan, levóunos consigo, maniatados, a Valencia. tal vez pensase que lle sería máis fácil convencelos fora do seu ambiente. Levados ante o tribunal, o agotado bispo daba pouco de si. En cambio Vicente tomou a palabra en nome do prelado con tal brío e elocuencia en defensa da fe que deslumbrou ó tribunal. Daciano optou por separalos. Mandou a Valerio ó desterro e utilizou tódolos medios posibles para acadar a apostasía do diácono e que lle entregase os libros sagrados, ó que este se negou.
Decidiu pois que se lle aplicase a máis refinada tortura: o poltro para descoiuntarllos osos e desgarrarlle os membros con garfios de ferro. Pero aquel xoven desafiaba toda clase de tormentos e facía gala dunha fortaleza sobrehumana. Desconcertado o pretor, mandou que lle aplicasen o tormento do lume. Vendo que tampouco acadaba o seu obxectivo, determinou que fose arroxado ó calabozo de castigo, onde non chegaba a luz natural. Pero aquela lóbrega cárcel viuse iluminada con luces do ceo. O carceleiro, rendido ante o evidente, convirtiuse. Decidiron trocar de técnica, depositándoo nun millido leito. Ó entrar en contacto coa comodidade, Vicente morreu (+304). Acababa de facer honor ó seu nome, que significa …vencedor… .
Quixeron os perseguidores facer desaparece-los restos mortais do ilustre pero misteriosas intervencións providenciais impedírono. Pronto as reliquias do santo distribuíronse por Europa e o culto ó mártir impúxose con inusitada rapidez. O relato da súa paixón impactaba e era moi coñecido.
Adicáronlle numerosos templos, coma en Sevilla, Toledo, Illiberis, Córdoba, Zaragoza e varios na rexión galega; algúns de Oviedo e o do Buezo (Burgos). Consta en antigos martirolóxios. A súa festa celébrase o 22 de xaneiro. Represéntaselle coa dalmática roxa, a palma do martirio e ó seu redor os distintos instrumentos de suplicio que lle aplicaron.
As imáxes de San Vicente de Pontoibo

figura04.jpg

A primeira viste ó santo de diácono e conta cunha palma na súa man, como lle é propio ós santos mártires, así como unhas cadeas que queren amosar unha das súas torturas. O corvo que está na base do santo responde á lenda recollida por Croisset no Ano Cristiano, de que Daciano, ó verse vencido e confundido por aquel héroe cristiano, mandou que fose arrastrado o seu cadáver, e que, sacándolle ó campo, lle arroxasen nun barranco onde servise de pasto ás aves e ás feras. Pero, conta a lenda, que enviou Deus a un corvo de grandeza extraordinaria, que lle fixo de centinela e que o defendeu dos demáis animais.
Trátase dunha talla de madeira de finais do século XIX.
figura05.jpg

A segunda talla, máis antiga e cun certo estilo cercano ó San Ramón da capela do Carme (século XVIII), representa a San Vicente falando elocuentemente polo seu bispo -e deslumbrando ó tribunal-. Esta talla ten unha réplica -de poñer- e que podería ser tamén do século XVIII, con ela se bendice ós devotos o día da festa.
figura03.jpg

Outras imaxes que na actualidade están na capela. Unha inmaculada do XVIII-XIX, unha imaxe que podería ser de San Pedro (século XVIII), e unha imaxe de San Antonio (século XVIII).
figura08.jpg

figura07.jpg

figura06.jpg

Unha imaxe que non é da capela, e que se atopa na actualidade nesta é a Virxe de Lourdes (primeira metade do século XX), que no presente ano se transladou a unha mesa lateral da capela de Pontoibo como ubicación nova, dado que na parroquia se atopaba almacenada. O equipo Pastoral optou por ubicar en lugares de culto as imaxes que se foran almacenando tra-los novos acondicionamentos da parroquia, éste é o caso desta imaxe que os veciños decidiron que desfile na procesión de Pontoibo por primeira vez.
Existe un antigo himno adicado a San Vicente que resume a súa vida:
A Valero su lengua no permite
Los dogmas defender de nuestra fe,
Defiéndelos Vicente, y por su pie,
A ser martir camina y se dirige.
Azótanle, desuéllanle primero
Con nervios que la sangre hacen brotar;
Y el bárbaro verdugo sin cesar
Nuevos medios adopta insano, fiero.
En parrillas de hierro ya candente
Desangrado colócanle y desnudo;
¡ay! Para soportar dolor tan crudo
sólo su caridad fue suficiente.
Con garfios le desgarran ¡ah! sañudos,
Renovando sus llagas con furor,
Y en fétida mazmorra ¡qué dolor!
Sobre tiestos le extienden muy agudos.
En lecho le colocan en seguida,
Rico, blando y de flores adornado_
No por eso Vicente se ha mudado,
Ni puede su constancia ser vencida.
De todos los suplicios vencedor
Y burladas las artes del tirano,
Vuela al cielo Vicente muy ufano
Desde el fondo del lecho engañador.
El cuerpo del levita se ve echado
Insepulto en los campos; pero el cielo
Manda un cuervo que con ligero vuelo
De las fieras lo guarda con cuidado.
Entonces el tirano manda echarlo
Al mar, con el objeto de perderlo.
En vano; pues el mar al recogerlo,
Lo hace sobrenadar para salvarlo.
A cuantos os invoquen confiados,
Socorredlos, Vicente, desde el cielo;
Haced que a los peligros de este suelo
No sucumban jamás ¡ay! Descuidados.

O retablo, neoclásico, acaba de ser reparado e consta de dous corpos, no superior está a imaxe da inmaculada, no inferior as restantes tres imaxes.
A capela ocupa un terreo de 10 metros por 5 (50 metros cuadrados), unha parte do atrio cuberta ó oeste de 136 metros cuadrados, un cobertizo sur de 7,5 metros cuadrados, unha caseta ó este de 20 metros cuadrados, un cobertizo semicircular ó norte de 4,25 metros cuadrados, o que da unha superficie edificada total de 217,75 metros cuadrados. O resto do atrio ó sur e este é de 131,25 metros cuadrados. O que suma unha superficie total de 349 metros cuadrados. Linda con tres propiedades particulares e con un camiño veciñal.
pila01.jpg

Segundo D. Enrique Rivera Rouco, na zona das Pontes poderían ter existido varios cemiterios primitivos nos barrios de Pontoibo, Ribadeume e Santa Eulalia de Portorroibo. Segundo D. Enrique o sarcófago que na actualidade se atopa en Pontoibo podería ser bastante primitivo (entre o século i_IV) dada a súa falta de relieves. O lugar de Pontoibo tería sido un primitivo asentamento de culto e a ubicación da capela viría xustificada pola veneración do lugar. Fose ou non un cemiterio cristián, o que queda claro é que a capela foi edificada sobre un lugar de culto relixioso anterior; fenómeno propio nos santuarios galegos. Ó amaña-lo atrio apareceran os perfiles superiores de varias cámaras funerarias construidas con pizarra e ese sarcófago de granito dunha soa peza coa configuración interior do corpo humán, dando unha cavidade de 1,60 cm.
Segundo a Enciclopedia Galega na súa anterior edición, a principios dos anos oitenta en Pontoibo vivían 137 habitantes.
Nos documentos parroquiais o nome aparece escrito, nos máis antigos con -e-, así por exemplo nos seguintes dos anos 1852 e 1853.
libro02.jpg

libro01.jpg

Cando se realizou un traballo de recolección de misais antigos nas diferentes capelas e igrexas da zona, foi atopado en Pontoibo o misal máis antigo da zona: 1582, firmado por un frade (frai Martín de Alcaraz) ó que debeu de pertencer.
libro03.jpg

libro04.jpg

libro05.jpg

Dun antigo estandarte consérvase unha cruz de metal, que é curiosa porque dos seus extremos penduran duas campaniñas que irían facendo ruido co paso do portador, así mesmo na capela apareceron dous pequenos Cristos bastante deteriorados do século XVIII.
figura02.jpg

figura01.jpg

Na documentación en torno ás capelas consérvase un libro de administración das mesmas, neste recóllense os datos dende 1800 das capelas de Gondré, Cervicol, Brandián, San Mamede e Caneiro. É curioso que non figure a capela de Pontoibo e elo nos fai sospeitar que tiña o seu propio libro de contas e de administración.
Un artigo de Xabier Martínez

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios