Günter Grass abre na cuna de Goya unha exposición de augafortes e litografías

85

Lendo elmundo.es:
“O escritor alemán Günter Grass abriu en Fuendetodos (Zaragoza) unha exposición da súa obra gráfica, unha descoñecida para o público que, asegurou, sempre estivo interrelacionada co seu proceso de escritura, a man, que interrumpe a menudo con debuxos.”…

guntergrass.jpg


…”Con motivo do 258 aniversario do nacemento de Goya en Fuendetodos, Gras, Nobel de Literatura e Príncipe de Asturias, inagurou unha selección de 36 augafortes, puntas secas e litografías, con fondos do propio autor e do Círculo da Arte, na sala Ignacio Zuloaga da localidade natal do xenial pintor aragonés, un artista para el ‘exemplar polas súas actitudes políticas.
O escritor afirmou, nese senso, que non se pode nega-lo trasfondo político e crítico das series dos ‘Caprichos’ e ‘Os desastres da guerra’ de Goya, un dos ‘faros’ que o inspiran -con Durero e Rembrandt- destacando da súa obra a súa combinación do realismo absolutamente drástico coa representación do fantástico.
Detrás do pupitre no que escribe, de pe, ten pendurados oito gravados orixinais de Goya pertencentes ós ‘Caprichos’, para el ‘a vara de medir’ a súa propia literatura.
Así, dixo que non pode entende-la súa obra ó marxe da de escritores e artistas españois e, de feito, o seu libro ‘O tambor de hoxalata’ é o herdeiro da novela picaresca.
Ésas foron algunhas das reflexións que fixo Grass na apertura da exposición en Fuendetodos, onde tamén se someteu á curiosidade, sobre as súas opinións políticas e a súa traxectoria como artista, de alumnos de instituto participantes nun ciclo de invitación á lectura impulsado polo Goberno de Aragón.”…
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios