As asociacións de EuroEume farán un campamento en Xullo

108

Lendo diariodeferrol.com:
“As entidades realizarán unha publicación quincenal e demandan máis actos culturais, mellor transporte e concienciación cos discapacitados.
Os integrantes da Mesa de Asociacións de EuroEume xuntáronse onte na biblioteca de Moeche, para avanzar na presentación dun mapa de necesidades de cada entidade, así coma dos seus entornos, e a organización conxunta de actividades de tempo libre.”…


…”Respecto ó derradeiro destos puntos, aprobouse a convocatoria dun campamento de verán, aínda que queda adoptar unha determinación entre tres alternativas posibles de ubicación para esta actividade, que dependerá do número previsto de participantes na experiencia. Iso sí, a proposta desenvolverase na segunda semana do mes de xullo e terá unha duración de catro días.
Por outra parte, entre as necesidades analizadas onte concluíuse que as entidades da zona EuroEume teñen un déficit de comunicación entre elas para poder traballar en común. Por elo, decidiuse crear unha lista de correo para intercambiar información e sacar adiante unha publicación de periodicidade quincenal na que estean implicadas tódalas asociacións.
En canto ás carencias detectadas en relación á preseguida mellora da calidade de vida dos veciños do ámbito EuroEume, as entidades apuntaron que falta oferta cultural nalgúns municipios, en especial para os nenos. Ademáis, abogouse por demandar solucións para os problemas de transporte que sofre o conxunto da poboación (incluído un medio adaptado para os discapacitados), a carencia de espacios e ofertas para a terceira idade, a grande escasez de locais acondicionados para permitir ás entidades o acceso a internet e as novas tecnoloxías, a necesidade de implicar á xuventude no movemento asociativo, e a conveniencia de fomentar dentro das familias nas que exista algún discapacitado a eliminación de barreiras arquitectónicas.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios