En dous anos haberá acceso a banda ancha no 90% do territorio galego, con cobertura do 98% da poboación

71

Lendo codigocero.com:
“A Xunta de Galicia marcouse como unha das súas principais prioridades políticas o avance na sociedade da información e do coñecemento e na política de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica.
Avanzar cara a un modelo de administración que lidere, dinamice e se converta en exemplo dos beneficios das novas tecnoloxías será unha das principais liñas de actuación da Estratexia da Sociedade da Información (SI), para a que a Consellería de Innovación ven de elaborar un diagnóstico preliminar.”…


…”Cidadáns, empresas e Administración serán os principais beneficiarios desta Estratexia, que incidirá nos aspectos normativos e de coordinación de tódolos axentes que interveñen no desenvolvemento da Sociedade da Información.
Galicia rexistrou en 2002 os maiores crecementos, no ámbito nacional, no uso das novas tecnoloxías polos cidadáns, o que indica que se está acelerando a converxencia. Non obstante, existen grandes diferenzas nestes indicadores segundo se trate de contornos urbanos ou rurais, onde teñen gran influencia factores socio-culturais, demográficos, económicos e mesmo de infraestruturas de acceso. Tamén se aprecian diferenzas entre as empresas, en función do seu tamaño.
O diagnóstico, que agora será sometido a debate pola Comisión de Coordinación da Sociedade da Información, sinala como factores clave para o desenvolvemento das novas tecnoloxías, a dispoñibilidade e fácil acceso ás infraestruturas (en especial, á banda ancha) e equipamentos, a formación dos diferentes colectivos sociais e a potenciación da innovación vencellada aos sectores de informática, telecomunicacións, electrónica e contidos multimedia.
Neste sentido, está previsto que no prazo de dous anos o 90% do territorio de Galicia teña acceso á banda ancha, de modo que se dea cobertura ao 98% da poboación.”
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios