Publican o convenio para a segunda fase da estrada As Pontes-Cabanas

68

Lendo diariodeferrol.com:
“O Diario Oficial de Galicia publicou onte o convenio de colaboración entre o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e a Consellería de Industria para a segunda fase do proxecto de acondicionamento da estrada As Pontes-Cabanas, que comprende dende Goente ata o núcleo urbano. O orzamento ascende a 6,2 millóns de euros, aportados integramente polo Instituto da Minería.”…


…”Esta actuación continuará a realizada dende Cabanas e Goente e conectará o polígono de Penapurreira. O trazado vai cambiar o traxecto actual, xa que eliminará as curvas de Laurentín e pasará por detrás do parque empresarial, ó que se accederá cunha rotonda. Así mesmo, evitarase o paso polo núcleo de Saa, que perderá unha parte substancial do tráfico.
O 25% dos fondos serán transferidos á Consellería coa adxudicación do proxecto, o 50% cando a execución se atope no seu ecuador e o 25% restante, ó remate das obras.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios