A talla da Virxe da Pena de Francia. Gran valor referencial para coñecer as orixes do traxe charro

85

Na talla chaman a atención: a policromía, con predominio da cor coral-rosa asalmonada, e dos sobre-dourados; a disposición xeométrica das listas ou franxas, nas indumentarias talladas da Virxe, e do Fillo que se nos ofrece; evidencia de tres niveis, na imaxe campaniforme; a gran cadea envolvente e protectora, a xeito de gran colar ou volta; o posible simbolismo da metamorfose que experimenta a disposición do traxe de Vistas da noiva, cando xa se cumpre a súa maternidade. Segundo o cancioneiro de Juan del Enzina do século XV, o traxe de Vistas era o propio das mozas para a Voda ou a petición na zona salmantina. Esta é precisamente o atuendo que leva a talla da Pena de Francia.


Trátase dunha alfarda con listas, referencia ó manteo de pano segoviano, ben guarnecido con sobrepuestos en franxas ou listas de terciopelo negro e outras máis anchas de cor coral-rosa asalmonado, baixo un encaixe de prata. A disposición é xeométrica das cortapisas no borde, formando tamén franxas ou listas (*1).
Segundo Madoz, na voz “Freijo, S. Juan de” é unha feligresía da provincia da Coruña, diócese de Mondoñedo, partido de Santa Marta de Ortigueira, Concello de As Pontes de García Rodríguez e distribuido en barrios… A súa única Igrexa, San Xoán, como Igrexa Parroquial… Tiña (en tempos de Madoz: 1845) catro ermidas coa advocación de San Miguel, coa da Nosa Señora da Pena de Francia, coa de San Pedro, coa de San Caetano…(*2)
O culto á Nª Sra. da Peña de Francia estableceuse no lugar do Freixo entre 1663 e 1668. O matrimonio fundador, Sanjurjo Montenegro (*3) puido ter adquirido o seu coñecemento e devoción a esta advocación a través dos conventos dominicanos de Viveiro (Santo Domingo e Valdeflores). Hay datos que sinalan coincidencias entre este Santuario do Freixo, e o salmantino da Pena de Francia: ambos celébranse o luns de pascua de Pentecostés (data en que foi atopada a imaxe na serra de Salamanca), e a súa festa principal o día 8 de setembro (Natividade), ademais de que a imaxe do Freixo ten o atuendo propio da rexión charra, incluido as súas xoias.
Un cronista de Mondoñedo, D. Eduardo Lence-Santar y Guitián, reuníu nun manuscrito (o 15 de agosto de 1933) a orixe e historia do santuario, con datos do Arquivo Diocesano de Mondoñedo (*4).
O Santuario estaría ligado á familia do Freixo dos Sanjurjo Montenegro que deron pulo á construcción da actual Igrexa do Freixo, que están enterrados na capela do bautismo de San Francisco de Viveiro, e dos que conservamos un cáliz de prata de 1591 (que se amosa na exposición Memoria Santa), que mandou facer Vasco Sanjurjo de Montenegro. O Santuario tería sido erexido por unha descendente que o vai a mandar construir na zona de donde eran oriundos os Montenegro, en concreto do barrio de Solloso, onde ainda se conserva parte da súa casa. Trátase de dona Florencia de Estua e Miranda, esposa de D. Fernando Sanjurjo Montenegro, que levanta a capela, previa licencia do Bispo de Mondoñedo D. Dionisio Pérez de Escobosa (*5).
Existe unha antiga lenda relativa a certas pegadas, como de cabalo, que aparecen na superficie rocosa de “A Costa da Santa”, nas inmediacións do lugar de A Rega, preto do Santuario de O Freixo. Di a lenda que cando a Stma Virxe pasou pola Pena de Francia nunha mula, quedaron grabadas as pegadas desta.
*1.- PILAR MAGADÁN CHAO, Serranas fuentes inéditas sobre el Santuario de Peña de Francia (II), Separata Archivo Dominicano, Tomo XIII (Salamanca 1982).253-280.
*2.- A obra de Madoz atópase na Biblioteca Municipal de As Pontes: Diccionario Geográfico-Estadístico-Histórico (Madrid 1845); Ed. Facsimilar realizada para Libros Galicia (Santiago de Compostela 1986) 585-86.
3*.- Gran Enciclopedia Gallega, vol XVII (Santiago de Compostela 1974)245.
4*.-E. RIVERA ROUCO, El Santuario de Nuestra Señora de Peña de Francia en ´Estudios Mindonienses` 1 (Salamanca 1985) 361-378.
*5.- Ver libro Pregón da Semana Santa de Viveiro 2004, CARLOR ADRÁN GOÁS, artigo sobre a Capela de San Ildefonso de San Francisco de Viveiro. Tomado tamén de datos de varios arquivos que sobre o tema se están a traballar neste momento que son propiedade da familia Pardo de Cela de Viveiro.
Cortesía de Xabier Martínez

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios