O proxecto Rede Aberta convertiría a Compostela na primeira cidade galega cunha rede sen fíos

67

Lendo codigocero.com:
“A Universidade de Santiago (USC) e a Asociación Compostela Monumental asinaron un acordo polo cal se vai crear un centro comercial aberto no Casco Histórico cunha conexión ás redes sen fíos.
Este proxecto chamarase Rede Aberta e será unha fórmula para renovar o comercio na zona vella de Santiago. Nesta iniciativa tamén van participar as empresas Rúa Dixital e Medianet, que serán as encargadas da aplicación técnica.”…


…”O convenio senta as bases da colaboración conxunta en actividades de I+D+i no eido das novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e especialmente no que atinxe ás redes inarámicas.
Compostela poderíase converter así na primeira cidade de Galicia cunha rede sen fíos. Esta formúlase coa idea de cubrir todo o casco vello de Santiago e permitirá a conexión das 108 tendas participantes neste proxecto. Unha das grandes vantaxes desta iniciativa será o comercio electrónico, de feito a partires do día 30 de abril as tendas asociadas contarán cunha tenda virtual. A USC terá que instalar puntos de acceso á rede sen fíos na Facultade de Xeografía e Historia e no Colexio de Fonseca mentres que a asociación terá que ceder ancho de banda para uso académico e outras probas que poida realizar a universidade noutros proxectos. Lembrar que as redes sen fíos consisten na conexión a Rede sen a necesidade de cables.”
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios