A oportunidade de Zapatero

44

Lendo elmundo.es:
“A decisión da CMT de expedientar ó Concello de Atarfe por ofrecer acceso inalámbrico a Internet de banda ancha gratis está a provocar máis que palabras. E con boas razóns. A Pastilla Roxa ten razón: o caso pode marca-lo futuro das telecomunicacións en España. Pero cun pouco de sorte estamos a tempo de que sexa para ben.”…


…”O caso Atarfe pode servir ó novo e flamante goberno español como punto de inflexión. Fai falla cambia-la mentalidade no que se refire ó acceso ás telecomunicacións. Fai falla abrir portas e mentes a novos plantexamentos. A liberación das telecomunicacións non pode facerse con criterios do pasado e a costa do futuro.
A xuzgar polos antecedentes que cita, a decisión da CMT sobre Atarfe oponse á gratuidade do servicio de acceso á Rede. A xustificación teórica sería entón a necesidade de asegura-la saúde económica dos competidores nun mercado liberalizado impedindo que un servicio que ten custes sexa ofrecido sen contraprestación económica. Para que existan alternativas, ven a dici-la CMT, é preciso que o acceso a Internet sexa de pago.”…
Fonte: elmundo.es
PD: un artigo moooi recomendable.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios