Nogueira defende a non patentabilidade do software na conferencia de usuarios de Linux

90

Lendo glug.es fan referencia a esta nova:
“Nogueira reclamou hoxe [15/04] na Conferencia dos grupos utilizadores de Linux que se celebra na Eurocámara a revisión da proposta de directiva sobre medidas destinadas a asegurar o respeito polos dereitos de propiedade intelectual, ao tempo que solicitou que se declare a non patentabilidade do software.”…


…”Nogueira participou no encontro, no que tamén está a representación galega da rede Indymedia, e que forma parte dunha acción política que se vén celebrando en Bruxelas entre o 13 e o 15 de Abril para traer de novo ao debate político europeu o perigo das patentes de software e a necesidade de liberalo.
O nacionalista apresentou unha iniciativa dirixida ao Consello na que reclama medidas destinadas a asegurar o respeito polos dereitos de propiedade intelectual, xa que o eurodeputado do BNG considera que esta directiva vai prexudicar ás economías dos pequenos países e nacións como é o caso de Galiza, favorecendo os monopolios e afogando as iniciativas industriais de pequena escala. Camilo Nogueira quixo denunciar que o mercado de patentes non ten en conta a diversidade cultural nin as minorías lingüísticas debido a que aos grandes sistemas económicos non lles resulta rentábel adaptar o software a estas realidades.
En opinión do eurodeputado, esta proposta de directiva compromete a democracia e a lexitimidade do Parlamento Europeu, xa que esta institución apoiou as demandas da cidadanía defendendo que se declare a non patentabilidade do software.
O eurodeputado reclama que o Consello defenda o interese xeral europeu e denuncia que, no caso de aprobarse esta directiva, estaríase favorecendo ás corporacións monopolísticas transnacionais, fronte á potenciación da liberdade de expresión e a creatividade.”
Fonte: glug.es
Sacada de bng-galiza.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios