Concurso de alumnos do Conservatorio

64

Hoxe ás 16:30 horas celebrarase no Auditorio ALOVI a semifinal do concurso de alumnos do Conservatorio de Música Profesional das Pontes. Participan nesta fase uns 80 rapaces e rapazas das 14 especialidades que se imparten no centro.


Son dous concursos paralelos, un de solistas e outro de grupos. No de solistas participan 46 rapaces e no de grupos 14 grupos con máis de 30 rapaces en total.
No concurso de grupos hai unha soa categoría, e no de solistas 3. Unha para tódolos alumnos do grao elemental, outra para os 3 primeiros cursos do grao medio, e outra para os 3 últimos.
Desexámoslles o mellor a todos eles. ¡Ánimo rapazotes!

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios