Pleno dos ciclos combinados

64

O Pleno da Corporación terá que aprobar hoxe martes, nunha sesión extraordinaria, as alegacións que se van presentar ó proxecto de Endesa para construir na nosa vila unha central de ciclo combinado.


Os grupos políticos presentes na corporación celebran esta tarde unha xunta de voceiros, para estudia-la documentación, e tentar de consensuar estas alegacións, que terán como obxectivo mellora-lo proxecto. Tódolos grupos están dacordo en apoiar esta iniciativa, que suporá a creación durante tres anos de arredor de 500 empregos directos na fase de construcción e posta en marcha e outros 40 permanes cando a nova central da Balsa estea en funcionamento.
Ademais, a iniciativa empresarial tamén suporá presencia de Endesa no municipio por un periodo máis extenso.
O pasado 22 de marzo o Boletín da Provincia publicou o anuncio da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambienta da xunta, e tamén do Area de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno, para someter a información pública a solicitude de autorización ambiental, o estudio de impacto ambiental, a licencia de actividade, e declaración de utilidade pública da planta de ciclo combinado.
Endesa non se decantou definitivamente por esta actuación, pero quere avanzar tódolos trámites burocráticos para iniciar inmediatamente as obras no caso de que decidar ubica-los dous grupos na vila.
A documentación aportada pola empresa indica que se creará unha nova central eléctrica de 770 megawatios, con tecnoloxía de ciclo combinado, que empregará como combustible principal o gas natural.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios