3.-PREPARADOS COAS PLANTAS.

81

Chámanse preparados galénicos todos aqueles remedios de orixe vexetal. Debese o nome a Claudio Galeno, médico da antigüidade que preparaba tódolos seus medicamentos con materias sacadas dos vexetais.


Aproveitamento das sustancias activas: As plantas medicinais poden aproveitarse de distintos xeitos: en tisanas, xaropes, zumes, extractos, linimentos, tinturas, ungüentos e pos. Para obter as sustancias activas das plantas medicinais, recórrese de cotío á técnica da extracción, este proceso consiste en incorpora-las substancias activas dunha planta a un líquido, que xeralmente soe ser auga ou alcohol; pódese facer en frío ou quente, e o producto resultante pode ser unha solución mais ou menos concentrada, de acordo á sustancia de orixe, o espesarse por propio interese en base a aplicación que se lle dea, que pode ser para tomar, ou externamente a xeito de baños, lavados, compresas, cataplasmas, colirios, locións, etc, etc.
Existen varias técnicas de extracción, as mais populares son:
Tisanas: As tisanas obtéñense tratando as partes vexetais de interese medicinal preferentemente con auga como vehículo extractivo (ás veces tamén se recorre a alcohois e aceites). Poden ser simples, por exemplo a base de tila, hipérico ou manzanilla; ou compostas a base de mesturas de plantas e outros productos, como bicarbonato ou ácido acético. Un exemplo de tisana laxante, é a resultante de utilizar semente de fiúncho moída en solución acuosa de ácido tartárico e tartrato sódico potásico. As plantas que se vaian destinar á preparación de tisanas, débense acondicionar previamente con utensilios axeitados, exemplo con peneiras ou mallas; para picar, moer ou pulverizar o tamaño axeitado para o uso que se lle vaia dar. O po formado durante la operación de fraccionar as plantas non se debe aproveitar. As dose soen estar prescritas na farmacopea; para iso deberán pesarse os ingredientes por separado, comezando polas drogas mais abondosas que non teñan froitos nin sementes, e mesturándoas ao final. Debese peneirar axeitadamente e volver a mesturar, desprezando o po resultante. Non se deben aproveitar os restos de tisanas anteriores para mesturar con outras novas. No caso de tisanas cuxo fin sexan compresas, moeranse as plantas mais ben en gra gorda. As tisanas que incorporen substancias tóxicas como a dixital, visco, beleño, acónito ou beladona, deben ser prescritas por un médico. Segundo como se aplique a auga, as tisanas pódense obter de varios xeitos, as mais comúns son: a infusión, a maceración e a decocción.
Infusións: é unha das formas mais populares e clásicas de extracción para obter unha tisana. E moi axeitada para drogas aromáticas, xa que os aceites esenciais que conteñen evapóranse a temperaturas maiores cas precisas para prepara-la infusión. A infusión faise mergullando a planta trochada nunha cantidade de auga fervendo (dependendo da planta poden ser partes enteiras, como as sementes do liño); deixase repousar uns 15 minutos remexendo de cando en vez e de seguido cólase mediante unha peneira ou papel de filtrar. As doses xerais (agás para drogas tóxicas que deberá determinalas un médico) son aproximadamente dun gramo de planta por cada 10 de auga.
Amolecemento: é unha extracción que se fai a unha temperatura ambiente de entre 15º e 20º. O líquido para a solución pode ser auga ou alcohol, pero nalgunhas ocasións tamén se empregan viños blancos ou tintos. Normalmente, a maceración no alcohol ou viño pode alongarse sen medo a interferencias bacteriolóxicas, non así na auga, que pode fermentar ou valorarse; de tódolos xeitos os tempos concretos de maceración veñen tamén determinados polo tipo de droga a extraer. En liñas xerais as drogas que conteñan mucílagos, coma o malvarisco ou o liño, maceraranse por unha media hora aproximadamente; pola súa parte, as amargas e aromáticas entre das dúas e doce horas. As doses a macerar, sempre en termos xerais, será a razón dunha parte de planta por vinte de líquido. Existe un método de extracción chamado percolación, que se fai de xeito parecido a unha maceración a temperatura ambiente de entre 15º a 20º, pero neste caso usase un líquido circulante. E o método empregado ordinariamente para extrae-las substancias tóxicas.
Cocedura ou Decocción: a decocción e unha extracción en auga de determinadas partes vexetais, a que se lle da un certo tempo de fervedura. Dependendo da consistencia das partes a extraer, daranse tempos de decocción mais ou menos longos; xeralmente, as raíces, follas, flores e pedúnculos foliados férvense en auga durante uns 15 minutos, mentres que as ramas e outras partes mais duras poden precisar ata unha hora, tempo durante o que deberá ir repoñéndose a auga evaporada. Unha vez feita a decocción hai que colar o líquido mediante un pano, espremendo ben o líquido das partes cocidas. As doses son semellantes as da infusión, e dicir unha parte de planta por cada dez de auga agás con plantas que teñen alto contido en mucílagos (malvarisco ou liño) que será de 1/20.
Hai que te-la precaución de non almacena-las decoccións, non se deben conservar mais aló de 48 horas; preferentemente prepararanse para aplicar no momento. Existe un método de extracción chamado dixestión, no que fai unha decocción a temperatura dentre 35º e 40º C., aínda que non deben pasar dos 50º C. Este procedemento e axeitado con aquelas partes vexetais mais duras, ou que conteñen substancias pouco solubles. Para iso introdúcense as partes a extraer nun caneco co líquido previamente quentado as temperaturas indicadas; mantense durante un período que pode ir de media hora a 24 horas, removendo o envase regularmente.
Os extractos: os extractos son substancias, mais ben concentradas, obtidas mediante maceración en certos líquidos, como auga, alcohol, éter, ou mestura de ámbolos dous. Sóese aplicar en gotas ou mediante mesturas diversas, e poden ter consistencias líquidas, densas, fluídas ou secas. Os extractos líquidos, coma os do tomiño, son lixeiramente espesos, semellantes aos dun caldo de azucre. Os extractos fluídos, coma os do fieito macho, teñen consistencia similar o da mel fresca. O extracto denso, coma o da beladona, conten un máximo do 20% de auga, mentres que o 80% e materia seca. O extracto seco, coma o do ruibarbo, so ten un 5% de auga, polo que pode ser convertido doadamente en po.
Pos: os pos son unha das formas mais típicas de presentación das drogas vexetais, quizás pola súa facilidade de preparación e a mellor absorción polo organismo cando se usan internamente, anque tamén se utilizan externamente nalgúns casos. Tratase de reducilas sustancias secas a cachiños ínfimos; normalmente as partes deben deixarse secar durante mais tempo do cotiá. Poden prepararse como drogas simples ou compostos, a partires das follas (como da dixital, sen, acoro ou ruibarbo); das sumidades (coma o lúpulo e axenxo); raíces (coma o xinsen, regalicia e violeta); froitos (coma o cilantro); e carapelas (coma o bidueiro).
Tabletas: Pola súa parte, as tabletas son preparados sólidos cuxas drogas foron previamente reducidos a po. Preséntanse en variadas formas: graxeas, comprimidos, pastillas, etc., e a súa elaboración faise industrialmente, mediante prensado das sustancias secas. Tendo en conta a forma en que van a ser administradas, sóense protexer con productos neutros para que non se desfagan antes de chegar ás tripas. Múltiples productos son convertidos en tabletas, algúns deles son os alcaloides do opio, dixital, caruncho, etc.
Preparacións con aceites ou alcohois: inclúense aquí toda unha serie de preparados nos que o solvente non e auga senón algún tipo de alcohol ou bebida alcohólica. Noutras interveñen os aceites vexetais ou minerais que poden considerarse coma o medio de onde se desfán os principios activos ou como a base precisa para sustentar os principios sobre da pel. Todos eles son procedementos mais complexos que precisan unha maior atención e un respecto escrupuloso das cantidades xustas, que se no apartado anterior deben ser respectadas, moito mais neste por tratarse de preparados cunhas concentracións de principios activos mais altos. Dentro deste grupo poderíamos mentar os seguintes:
Tinturas: a tintura e un método de extracción dos principios activos dunha planta que se fai deixando a planta en alcohol etílico ou etanol – e dicir alcohol producido por destilación do viño, cunha graduación de 95 º que se dilúe en auga segundo o tipo de tintura – normalmente sobre dun 50 % . A proporción soe ser dunha a parte de planta por cinco de alcohol, e dicir 1:5. Para realizala poñeremos as herbas dentro dun caneco e cubrirémolas con alcohol. Manterémo-la mestura entre 10 e 40 días removéndoa un pouco tódolos días. Despois verterémo-lo líquido nun tarro seco e limpo, colándoo cunha gasa. Debe conservarse nun lugar fresco un máximo de 24 meses. Este preparado pode usarse externa ou internamente. No último caso tomase en gotas e dilúese en auga, infusión ou zume. Aparte de preparalas con alcohol, poden facerse tamén con bebidas alcohólicas, como vermú, xenebra, coñac ou vodka, o que nos permite que teñan mellor sabor. Non debe tomarse durante o embarazo ou no caso de problemas estomacais. Hai que respectar a dose axeitada para evitar intoxicacións.
Xaropes: o xarope e un preparado medicinal que consiste en mesturar ó 50 % o líquido resultante dunha infusión ou unha decocción con sucre integral ou con mel. Debese poñer nun cazo medio litro de infusión ou de decocción con medio quilo de mel ou de sucre. Quentalo e remexer ata que os ingredientes queden ben mesturados. Unha vez frío gardase nun frasco de vidro cun tapón non hermético que permita a saída dos gases da fermentación. Debemos impedir que a luz chegue o líquido, ben sexa nun lugar escuro ou que o vidro non sexa transparente. A dose usual e de 1 ou dúas culleradiñas dúas ou tres veces ó día.
Tónicos: viños tónicos: un viño tónico e un método de extracción dos principios activos en que se utiliza o viño como dilúente. Para eso introdúcense as herbas en viño tinto – para que a preparación teña un efecto astrinxente – o branco – efecto diurético – dunha a seis semanas . Pódense tomar de dúas a tres copiñas antes das comidas. A proporción de herbas e dun 10 % no
caso de que sexan frescas ou un 25 % se son secas. Esta preparación pode conservarse ata 4 meses, sempre que as herbas se atopen en bo estado, para iso é importante que estean cubertas po-lo viño. Utilizaremos viños de calidade, coma Xerez ou Oporto. Utilízanse fundamentalmente como revitalizadores, diuréticos ou estomacais.
Infusións en aceite quente: unha infusión en aceite quente e un método de extracción dos principios activos dunha planta consistente en cubri-las herbas con aceite e quentar durante un par de horas ó baño María para extraer os principios activos. Despois de filtralos deben gardarse en botellas de vidro escuras por un tempo non superior a 6 meses. A proporción dos compoñentes con respecto os aceites sitúase en 1/3 de herbas secas ou 2/3 de frescas. Normalmente utilízanse os aceites de oliva ou de xirasol. Utilizase para uso externo ou para potencia-los efectos das cremas ou ungüentos para aplicacións analxésicas, circulatorias ou relaxantes.
Infusións en aceite frío: unha infusión en aceite frío e un método de extracción dos principios activos dunha planta consistente en cubrilas herbas con aceite durante varios días. Normalmente utilizase aceite de oliva durante un tempo que vai entre 14 e 45 días. Se queremos potenciar a infusión deixarémola en contacto co sol. Pasados estes días deberá colarse o preparado e gardar o líquido nun tarro de vidro escuro. Utilizase para uso externo ou para potenciar os efectos das cremas ou ungüentos para aplicacións analxésicas, circulatorias ou relaxantes.
Preparacións de uso tópico local:
Dentro deste apartado teríamos un conxunto de preparados con contido aceitoso ou acuoso utilizados fundamentalmente para exercer unha función tópica, e dicir sobre da superficie do noso corpo. Exercen unha función balsámica ou calmante ou protexen a zona que se aplica, das agresións exteriores.
Cremas: unha crema e un método de aplicación dos principios activos dunha planta consistente en desfacelos nunha base aceitosa ou graxenta mesturada en auga. Para facela mesturaremos as herbas coa base (aceite de oliva, cera, glicerina) e quentarémolas ben ó baño maría durante 2 ou 3 horas, remexendo de cando en vez. Así farase unha pasta que, despois de filtrala, gardarase en tarros durante un máximo de 45 días. Esta aplicarase sobre da zona afectada. A proporción dáse sobre 1/3 de planta, outro tercio de auga e a metade de base.
Emplastos: un emplasto e unha preparación medicinal consistente en aplicar unha ou varias herbas sobre da parte externa do corpo. Para que podan exercer o seu efecto deben quentarse durante uns 3 minutos. Despois, unha vez espremidas para quitar a auga, aplicaranse quentes sobre da zona afectada, cubríndoas cunha gasa para que podan sosterse e non manchen. Pode manterse sobre do corpo entre 1 e 3 horas como máximo. Úsanse fundamentalmente para aliviar a dor ou limpar feridas.
Locións: una loción e un método de aplicación dos principios activos das herbas consistente en aplicar cun pano o líquido resultante dunha infusión, cocemento ou tintura sobre da zona afectada. Normalmente utilízanse para calmar dores producidos por golpes ou desinflamar hinchazons. A proporción de herbas e auga utilizadas para realiza-la infusión ou o cocemento establecese nun 50 %. No caso de facer uso de tintura a proporción será de 20 partes de auga por 1 de tintura.
Linimentos: os linimentos son preparados que conteñen substancias medicinais desfeitas na auga (nesta solución poden intervir alcohois, aceites e amoníaco), presentados en emulsión ou suspensión para a súa aplicación sobre da pel. As sustancias activas poden provir de follas de beleño, hipérico, espliego, etc. A súa consistencia pode ser líquida ou a xeito de xel, que se diluirá coa temperatura do corpo. Son moi clásicos nos remedios para dores reumáticos e musculares.
Compresas: unha compresa e un método de aplicación dos principios activos das herbas consistente en aplicar un pano co líquido resultante dunha infusión, cocemento ou tintura sobre da zona afectada durante 2 ou 3 horas. Normalmente utilízanse para calmar dores producidos por golpes ou desinflamar hinchazons. A proporción de herbas e auga utilizadas para realiza-la infusión ou o cocemento establecese nun 50 %. No caso de utilizar tintura a proporción será de 20 partes de auga por 1 de tintura.
Ungüentos: un ungüento e unha preparación medicinal consistente nunha base aceitosa ou graxenta sobre da que se diluíron as propiedades medicinais dalgunha planta. Utilízanse fundamentalmente para tratar externamente as afeccións da pel ou para protexela, tamén como remedio externo para moitas doenzas. As graxas poden ser minerais, como a vaselina, ou vexetais, coma o aceite de oliva e tamén con cera. No primeiro caso, fórmanse ungüentos moi densos e pouco oleosos e no segundo caso mais fluídos e oleosos. Para realizalos debemos poñer nunha cazola a base e quentala o baño maría ata que se poña branda. Despois engadiremos as herbas e deixaremos que se mesturen ben durante un cuarto de hora coa auga sempre quente e remexendo ben ata que se faga unha pasta consistente. Filtrarémola e gardarémola nun tarro ata un máximo de 90 días. Aplicaremos sobre da zona afectada dúas ou tres veces ó día.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios