Compostela comeza xa a pensar no Cartoon Forum 2004

109

Lendo codigocero.com:
“Compostela será en setembro o eixe sobre o que xirará a maquinaria do audiovisual europeo. Para ir preparando o terreo deste acontecemento (Cartoon Forum 2004) acoden hoxe a Santiago Marc Vandeweyer, director xeral da axencia Cartoon e máis Annick Maes, coordinadora xeral.”…


…”Ámbolos dous teñen previsto reunirse con técnicos da Consellería de Cultura para encamiñar o que é o máis importante evento europeo no eido da animación audiovisual, segundo a Xunta.
O investimento para esta macroxuntanza é de 1,6 millóns de euros, dos que un millón procede da Unión Europea e o resto da devandita Consellería e de Caixa Galicia.
O Cartoon Forum 2004 celebrarase en Compostela entre o 22 e o 25 de setembro e, tal como dixemos en anteriores edicións de Código Cero, servirá de escusa perfecta para que o máis representativo do sector da animación a nivel mundial poña pé no noso país, con todo o que iso significa de beneficioso (acordos, intercambio de experiencias, venda e compra de ideas e proxectos) para Galicia.”
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios