Microsoft patenta o clic doble

92

Lendo diarioTi.com:
“O xigante informático Microsoft patentou un procedemento que activa funcións determinadas cando o usuario dun PC fai clic varias veces no mesmo botón.”…


…”Microsoft obteu unha patente denominada ‘Time based hardware button for application launch’. A solicitude de patente, presentada o 12 de xullo de 2002 describe un método que pode ser usado para activar distintas aplicacións co mesmo botón, dependendo do tempo que se manteña presionado.
Por exemplo, un toque breve ó botón pode activar un programa de correo electrónico, en tanto que un máis prolongado pode invoca-lo calendario e presentalo en pantalla. O método está deseñado para asistentes dixitais persoais (PDA) e outros dispositivos portátiles que deban ser operados cunha cantidade limitada de botóns.
Sen embargo, no texto introductorio da solicitude de patente Microsoft describe un método alternativo para activar aplicacións.
‘Outra función pode ser activada se o botón de aplicacións é presionado varias veces durante un breve período de tempo – é dicir, un doble clic’, escríbese no texto da patente, segundo a publicación Golem.
Anteriormente, Microsoft obetu patentes para aplicacións HTML, sitios web persoalizados e mensaxería instantánea.”
Fonte: diarioTi.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios