4.-EFECTOS TERAPÉUTICOS DAS PLANTAS.

148

Dependendo da súa natureza química, as substancias activas dos vexetais determinan un efecto terapéutico sobre do organismo humano. Ao igual que outros productos medicinais contemplados nas farmacopeas, divídense en grupos, segundo sexa o seu campo de actuación, anque unha mesma planta pode ser utilizada para mais dun tratamento, de feito soe ser así na maioría dos casos; en moitas ocasións asócianse varias plantas diferentes para reforza-la acción terapéutica.


Atendendo a esas accións as plantas medicinais divídense en:
Amargas: Son plantas que teñen influencia sobre da función gástrica, pero sobre todo no caso de inapetencia; son polo tanto aperitivas. Existen varios tipos delas, as cales empréganse sempre antes das comidas: amargas puras, como a xenciana, centáurea menor ou trevo da auga; amargas aromáticas, como a artemisa, anxélica ou o acoro; amargas astrinxentes, como a carapela do candurango, útiles por presentar un lixeiro efecto astrinxente eficaz nos catarros e gastrites lixeiras; amargas mucilaxinosas, coma o tusílago e mailo cáñamo.
Astrinxentes: Tratase de plantas con alto contido en taninos, que posúen capacidade para actuar sobre da epidermes ou das mucosas. Tamén exercen un efecto de drenado do tecido e unha acción anti inflamatoria. Plantas con este tipo de substancias son o murillón, hipérico, sarxa, tormentiña, margarida (útil na dermatoses, eccemas e inflamacións), verónica, pulmonaria, carapelas de carballo e de bidueiro, bardana, hepática, nogueira, ourego, agripalma e hisopo, entre outras moitas.
Vulnerarias: As drogas con efectos vulnerarios teñen a capacidade de reducir as inflamacións o tempo que aceleran a novación dos tecidos danados. Por exemplo, a manzanilla, meliloto e a caléndula cicatrizan as feridas e curan as enfermidades da pel; a uz actúa como anti inflamatorio das vías urinarias; o romeo é anti rreumático…
Carminativas: As plantas con efectos carminativos exercen unha beneficiosa influencia sobre a evacuación dos gases intestinais, contraccións dolorosas e os cambres que se producen nos músculos lisos das tripas. Ademais de reducir a tensión dolorosa, frean o desenrolo das bacterias responsables das fermentacións. A este tipo de plantas pertencen as drogas que conteñen substancias espasmolíticas como a manzanilla, anís, fiúncho, anebro, menta piperina, sarxa, meliloto, etc.
Diaforéticas ou sudoríficas: Tratase de plantas que facilitan a transpiración. Entran neste tipo o gordolobo, bieiteiro negro, manzanilla, tilo, fumaria, follas de groselleira negra, ulmaria, verónica, bardana, e a trinitaria.
Antidiaforéticas: Son plantas que reducen a transpiración excesiva. Entran neste grupo a sarxa, valeriana e beladona, en aplicacións internas; e a nogueira ou carapela de carballo, nas aplicacións externas.
Diuréticas: Son plantas que favorecen ou aumentan a cantidade de mexo eliminado. Son lixeiramente desinfectantes e útiles fronte ás afeccións das vías urinarias, pequenos cálculos e pousos no mexo. Entre das plantas diuréticas citar a uz, bolsa de pastor, cardo santo, folla de bidueiro, raíz de bardana, ortiga, agripalma ou capuchina.
Expectorantes: El gordolobo é unha das moitas plantas con propiedades expectorantes. Tratase de plantas medicinais que facilitan a expectoración. Son sobre todo, plantas mucilaxinosas (anque tamén poden conter saponinas e aceites esenciais), as cales inchan con auga, permitindo humedecer a zona da larinxe; a súa acción reduce a tose e maila inflamación. No caso das substancias con propiedades eméticas (saponinas sobre todo), permiten aumentar as secrecións dos bronquios e glándulas bronquiais, provocando o noxo que, nalgunhas ocasións son incluso desexables, anque en dose elevadas poden ser vomitivas. No caso das substancias con propiedades estimulantes (xeralmente aceites esenciais), por efecto da súa capacidade de volatilizarse a través do aparato respiratorio, excitan as mucosas e facilitan a disolución das mucosidades, e polo tanto a expectoración. Son ademais algo desinfectantes e relaxantes das contraccións dos músculos lisos bronquiais. Entre das plantas con propiedades expectorantes, expectorantes eméticas e expectorantes estimulantes, atópanse o gordolobo, malva, malvarisco, llantén, gatuña, fiúncho, follas da menta, tomiño, serpol e semente do liño. Existen outras plantas expectorantes, pero específicas para calmar a tose (antitúsicas), entre elas atópanse o tusílago, regalicia, ou a pebida do marmelo.
Colagogas: Son plantas cuxas substancias axudan á producción da bile nas células hepáticas, ou eliminala da vesícula e vías biliares. Entre das plantas eficaces para esta aplicación encóntranse a agrimonia, marrubio, agracexo, ourego, fiúncho, helenio, ou o ruibarbo.
Laxantes: Os laxantes son substancias capaces de acelerar a evacuación intestinal. Entre as plantas mais eficaces encóntranse as raíces de ruibarbo e regalicia, cambronera, trinitaria, noz, pedúnculo foliado do iezgo, ou o liño.
Cardiotónicas: Son plantas que conteñen sobre todo glicósidos, capaces de exercer unha aceleración do ritmo cardíaco. Algunhas delas eficaces para esta aplicación son a dedaleira, espiño albar, eléboro, adonis, e o lirio dos vales.
Antiasmáticas: Son plantas cuxas substancias exercen unha acción antiespasmódica bronquial no caso da asma. Algunhas plantas para esta aplicación son a beladona, beleño e estramonio.
Sedantes: As plantas que conteñen substancias sedantes, permiten actuar sobre o comportamento do sistema nervioso central. Teñen unha acción mais suave ca outros remedios químicos. Algunhas plantas que se mostraron moi eficaces para este fin son a valeriana, uz, lúpulo e pasionaria.
Antiescleróticas: Estas plantas exercen unha función global sobre as alteracións dexenerativas do sistema circulatorio, anque tamén sobre aquelas que son froito de formas de vida pouco equilibradas, como falla de exercicio, consumo excesivo de materias graxas, etc. O efecto mais desfavorable de todo elo é o colesterol, que se deposita e calcifica no interior dos vasos. As plantas mais axeitadas para estas aplicacións son as ricas en rutina e vitamina C, como as follas e flores do espiño albar, o visco, a drosera, ou o allo.
Hipotensivas: Actúan sobre da hipertensión. Aplícanse en combinación cun réxime de alimentación axeitado. Algunhas plantas con capacidade sedante hipotensora son a valeriana, caruncho de centeo, espiño albar, lúpulo, allo, meliloto e avea.
Aromáticas: Ademais de lixeiramente antisépticos, estas substancias tamén son útiles para corrixir o sabor e cheiro doutras substancias. Algunhas plantas aromáticas son a sarxa, espliego, romeo e manzanilla romana.
Antihelmínticas: Son plantas axeitadas contra dos parasitos intestinais, que facilitan a súa expulsión. Algunhas delas son a fumaria, fieito macho, zenoura, granada, cabaza e cebola.
Antidiabéticas: Son plantas cuxas substancias (glucoquininas) axudan a producir a insulina no páncreas. Os mais axeitados son os extractos ácidos e plantas amargas coma o morillón, bardana, centáurea menor, artemisa e cardo santo entre outras.
Xinecolóxicas: Son plantas útiles nas dores menstruais e brecas dos músculos lisos da pelve. Algunhas substancias actúan sobre do útero e especialmente na preñez, así como despois de parir, unha inflamación ou un aborto. Deben ser aplicadas sempre con control médico. Algunhas plantas eficaces son a bolsa de pastor, potentilla, hipérico ou a ruda. Outras plantas galactagogas, permiten estimular a secreción do leite, coma el fiúncho, alholva ou o anís.
Citostáticas: Son substancias con acción anti tumoral, coma o visco, nenúfar, e determinados alcaloides da doncela.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios