Representantes do FBI, da Interpol e da Garda Civil participarán no Foro Tecnoatlántico

99

Lendo codigocero.com:
“O Foro Tecnoatlántico, que se celebrará en Vigo entre o 19 e o 21 de maio, reforza no programa todo o que atinxe á seguridade. Para iso, para ofrecer unha visión o máis completa posible, os organizadores (Desarrollo Tecnológico de Galicia) fíxéronse coa colaboración de Ronald Commers, axente supervisor do Departamento de Cibercrime do FBI de Washington, quen falará, precisamente, de cuestións vencelladas ós delictos na Rede.”…


…”Commers, que acude ó Centro Social Caixanova xunto con algúns dos especialistas de máis renome en materia de TICs, afondará en temas como a seguridade e a súas posibles solucións, a ameaza que representan os hackers (¿son de verdade unha ameaza e que tipos de hackers poden selo?) e métodos de protección do cada vez máis omnipresente mensaxes lixo (representa xa o groso do fluxo de correos na Rede) ou dos virus.
Por se isto fose pouco, a organización tamén quere contar con outras voces: neste caso as da Interpol e da Garda Civil, que participarán ofrecendo o seu punto de vista sobre estas novas (ou non tan novas) ameazas.”
Podedes ve-lo foro en tecnoatlantico.com
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios