Tipos de usuarios de ordenadores

56

Lendo laflecha.net:
“O comunicativo, o kamikaze, o místico, o gafe ou o sospeitoso, son varios dos diferentes usuarios de ordenador cos que nos podemos topar. Aquí tedes unha pequena descripción de cada un deles para ser precavidos á hora de enfrentarnos cun destos ‘especímenes’.”…


…”
O comunicativo.
‘Intentei face-lo de sempre, xa sabes, e non funciona. Ah si, e tampouco me imprime.’
Ventaxas: Presenta interesantes retos comunicativos. Inconvintes: Os orangutáns tamén. Síntomas: Completa incapacidade para usar nomes propios. Tratamento: Tercer grao. Mímica. Se todo falla, hai que recorrer ó Pictionary.
O manipulador loco:
‘Pulsei ALT-F6, SHIFT-F9, CTRL-Pausa, F8 e Esc, pero non puiden arranxa-lo problema.’
Ventaxas: Trata sempre de atopa-la solución por sí mesmo. Inconvintes: Trata sempre de atopa-la solución por sí mesmo. Síntomas: Soe ter unhas 15 aplicacións abertas. En calquera documento seu de Word, a taxa de caracteres tecleados a caracteres escritos supera 6:1. Tratamento: Sedantes. Obrigarlle a usa-lo rato, caso de que sexa posible deixalo razoablemente limpo de telarañas.
O kamikaze:
‘Non funcionou cos datos que eu quería, así que lle metín a receita de tarta de arándanos da miña avoa a ver qué pasaba.’
Ventaxas: Xeralmente arranxa o problema. Inconvintes: Estou usando a palabra ‘arranxar’ nun senso MOI amplo. Síntomas: Tende a borra-las liñas de código que dan erros en vez de buscalos. Tratamento: Inútil. É un reincidente crónico. Cando o volva a facer hai que procurar estart lonxe.
O místico:
‘A semana pasada, cando a lua estaba en cuarto menguante, había nubes, e Aldebarán estaba por riba do horizonte, fixen o mesmo e funcionoume.’
Ventaxas: Leccións gratis sobre mitoloxía primitiva. Inconvintes: Poucos responsables de sistemas son licenciados en antropoloxía. Síntomas: Preguntas frecuentes sobre feitos completamente irrelevantes. Tratamento: Hai que convencelo de que as Estrelas están na Posición correcta. Acepta amuletos. Tamén se pode sacrificar unha galiña.
O Gurú:
‘Deume o erro 14787, que significa que a librería que implementa a clase WindowPane::CreateFnord() detectou un conflicto de rangos de memoria, dígocho por si acaso.’
Ventaxas: Da unha serie de detalles precisos acerca do que cree que pasa. Inconvintes: Oféndese profundamente cando non os usamos. Síntomas: Ten problemas para permanecer calado. Soe citar estándares, RFCs, documentos ISO e/ou código fonte. Tratamento: Contestarlle en hexadecimal, notación polaca inversa e/ou quechúa. Calmarase no momento no que comprenda o que dicimos.
O gafe:
‘Non o entendo, asegúroche que ata que viñeches non funcionaba.’
Ventaxas: Fará o que lle digamos sen rechistar, a cambio de tres desexos. Inconvintes: Córtanos mechóns de pelo a escondidas. Soe dexenerar no Tipo 4. Síntomas: Séguenos a todas partes e imita o que facemos. Funda un clube de seguidores. Tratamento: Cando non mire, valeirar unha lata de Pepsi no seu equipo.
Lamentarse logo de que perdemos O Poder debido á presencia de kryptonita nos arredores.
O temerario:
‘Teño aquí un documento de MacWrite. Quero pasalo a Excel, cargalo nunha máquina Unix, convertilo a JPEG, baixarmo ó meu Commodore 64 e imprimilo a tres columnas polo fax. ¿Cómo o faigo?.’
Ventaxas: Novos e sorprendentes desafíos. Inconvintes: Que farían palidecer a David Copperfield. Síntomas: Inasequible o desalento. Insistente. Tendencia a obrigar ás máquinas a facer cousas que non queren. Tratamento: A aplicación repetida dun mazo de marisco fai maravillas.
O director de orquestra:
‘Primeiro senteime, así, e encendín a máquina, e esperei ata que saliu o cadro de rede, e escribín o meu contrasinal, deste modo, e logo fixen doble clic na icona do editor; a continuación erguinme, mirei a ver se tiña as chaves do coche no peto dereito, que así era, e volvínme a sentar, fun ó menú Arquivo…’
Ventaxas: Disposto a contar exactamente o que fixo para obte-lo erro. Inconvintes: Durante polo menos catro horas. Síntomas: Sordera selectiva. Afecta ás frases do estilo ‘Sí, moi ben, pero ¿cal foi concretamente o erro?’ Tratamento: De choque. Contra un camión cisterna, por exemplo.
A princesa:
(é inxusto, porque soen ser abrumadoramente varóns…) ‘Encantaríame ter un Mac, e unha impresora de sublimación, e sería estupendo un monitor de 34 pulgadas como o que ten o Vicepresidente Adxunto. ¿Non llo poderías arrebatar vilmente?.’
Ventaxas: Apabúllanos coa súa habilidade para halaga-los nosos oídos. Inconvintes: Apabúllanos coa súa habilidade para ignora-las necesidades do resto do universo. Síntomas: Incapacidade de comunicarse excepto por medio de queixas. Tratamento: Colocar un espello de corpo enteiro ó seu alcance.
O sospeitoso:
‘Non o toquei, non instalei nada, nin siquiera estaba aquí, eu non fun, ninguén me veu, non ten probas.’
Ventaxas: Interesantes exercicios de adestramento dialéctico. Inconvintes: Que duran o bastante para convencernos de entrar na Brigada de Estupefacentes. Síntomas: Inquietude. Sudores. Fuma sen cesar. Revolea os ollos e márcase uns visaxes que xa os quixera Ford Coppola para ‘O Padriño’. Tratamento: Privación de sono, pentotal sódico intravenoso e detector de mentiras.”
Fonte: laflecha.net

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios