Adidas crea a primeira zapatilla deportiva intelixente

98

Lendo codigocero.com:
“As multinacionais seguen na loita de sempre por ver quén conmociona máis o mercado cun novo invento sorprendente. Unha das últimas en facelo é Adidas, que creou a primeira zapatilla intelixente poñéndolle un chip que adapta a amortiguación ó corredor. Este producto, chamado Adidas 1, é froito dun proxecto secreto que a compañía desenvolveu na súa sede americana de Portland.”…


…”A firma xermana afirma que con este producto revolucionará as carreiras de distancia e os adestramentos. Despois de miles de horas de probas, Adidas ten confianza en que a súa zapatilla responderá á perfección en calquera superficie, dende asfalto ata camiños cheos de lama, pasando pola area mollada.
O microprocesador está localizado no arco do zapato, e axusta a amortiguación dependendo dos sinais que lle manda un sensor eléctrico pegado a un imán. Usa unha pila que aforra enerxía axustando o zapato mentres está no aire cando se está a correr ou a camiñar. Este sistema só pesa 400 gramos, o que representa o 10% do peso total do zapato. Sexa como sexa, só vai orientado a xente con certa capacidade económica, xa que ten un prezo excesivo $250, o que o fai máis un artigo de luxo que un calzado para correr.”
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios