Charlas sobre a Marcha Mundial das Mulleres

32

Unha coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres explicará hoxe nas Pontes as razóns desta mobilización e mailo programa de actividades previsto para as xornadas do 22 e 23 de Maio.


Os colectivos que participan na mobilización destacan que de cada 10 persoas pobres no mundo, sete son precisamente mulleres. A primeira marcha tivo lugar no ano 2000, e logo do desastre o Prestixe decideuse que a segunda tería como escenario as rúas de Vigo. Alí celebrarase unha feira feminista e tamén se aprobará a Carta Mundial das Mulleres.
As charlas celebraranse ás 17:10 e ás 18:00 no IES Castro da Uz, para estudiantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Posteriormente celebrarase outra charla no local da asociación de veciños Vincallo, ás 19:00

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios