EuroEume ven de aprobar novos proxectos ó abeiro do programa Leader +

120

Véñense de aprobar 4 proxectos novos a Joaquim Antonio Fragoso Churra, Club Náutico Firrete, La imaxe Gestión Urbana, S.L. , e María Flor Piñeiro Pical por un valor total de 244.072,20 euros.


1.- Joaquim Antonio Fragoso Churra (Escola de Equitación). Doroña (Vilarmaior)
O proxecto consiste na realización de unha pista de entrenamento, unha zona de refuxio, vestuarios e aseos, dous guardarneses, 11 boxes para os cabalos, e un almacén de piensos. Nestas instalacións desenvolveranse actividades de: Clases de iniciación, clases de saltos, clases de doma, coñecementos do animal e rutas ecuestres.
Conta cunha inversión aceptada de 49.025,2 euros, dos se subvencionarán 19.119,83 euros.
2.- Club Náutico Firrete (Firrete Aventura). Pontedeume
O proxecto consiste n acompra dunha serie de material deportivo co obxecto de amplia-la oferta de servicios turísticos con actividades como piragüismo, sendeirismo, xogos lúdico-recreativos, orientación, etc.
Conta cunha inversión de 16.750 euros, dos que se subvencionarán 6.532,50 euros.
3.- La imaxe Gestión Urbana, S.L. (Cantina do Atallo). Cabanas
Consiste na adaptacón dun proxecto inicial de restauración dun edificio para vivenda unifamiliar para reconvertilo nun proxecto de restaurante que optará a marca de Cantina do Eume, adaptando a edificación ás necesidades e equipamento en mobiliario e maquinaria.
Conta cunha inversión de 144.300.42 euros dos que se subvencionarán 50.505.15 euros.
4.- Marí­a Flor Piñeiro Picallo (Casa dos Piñeiros). Monfero
Trátase dun proxecto de rehabilitación dunha vivenda para convertila nunha casa de Turismo Rural que constará de 4 habitacións dobles.
A inversión é de 244.072,20 euros, dos que se subvencionarán 85.425,27 euros.
Cortesía de Miguel Teijido. EuroEume

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios