Jon Hall di que usar software propietario supón perdas diarias de 2.500 millóns de dólares

72

Lendo libertaddigital.com:
“O presidente de Linux International, Jon ‘Maddog’ Hall, dixo que cada fallo producido nun ordenador con software de pago nunha empresa faille perder diariamente cinco dólares. Hall estima que isto suma 2.500 millóns de dólares ó día en todo o mundo, mentras que con software libre poderíase evitar perder dous ou tres dólares por equipo e reduci-la cantidade total á metade’.”…


…” ‘Maddog’, sobrenome polo que se fai chamar Jon Hall, fixo estas declaracións durante a súa conferencia no primeiro Congreso de Software Libre que se celebrou esta fin de semana no Museo Príncipe Felipe de Valencia. O presidente de Linux Internacional preguntouse canto se podería aforrar un goberno se en vez de usar software propietario (baixo licencia) usase software libre, e afirmou que con ‘tal cantidade de diñeiro’ poderíase invertir en desenvolver programas que realmente ‘cubrisen as necesidades reales’.
Ademáis do aforro económico que suporía a migración a software libre, Hall explicou que se lle sumaría a ventaxa dunha ‘mellor xestión dos problemas’, e puxo por exemplo que en Microsoft ‘traballan unhas 3.000 persoas programando, mentras que para o software libre o fan unhas 850.000 persoas’. ‘Tras anos nos que os programas e as máquinas eran moi caras, agora podémolos atopar moito máis baratos, aínda que existe o problema de que non sempre se adaptan ás necesidades reais dos usuarios, mentras que no software libre os programas sí que se adaptan a elas’, proseguiu.
Hall asegurou que cando surde un problema cun programa, o usuario atópase tan ‘indefenso como os compradores de coches antes de que Ford dese a coñece-la montaxe en cadea, xa que cada vez que tiñan que repara-lo seu vehículo, debían envialos á fábrica de orixe’. Por último, asegurou que o tempo do software libre ‘está por vir, xa que 6.500 millóns de persoas no mundo non escolleron aínda un sistema operativo e teñen moito que dicir.”
Fonte: libertaddigital.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios