07-ALGUNHAS APLICACIÓNS DAS PLANTAS (II)

70

2.-PLANTAS PARA AXUDAR NO CASO DA DEPRESIÓN:
A depresión é un trastorno caracterizado por unha estadía de animo triste ou abatido dunha gran intensidade durante un período de tempo considerable sen que haxa unha xustificación aparente.


Síntomas:
Psicolóxicos: Son aqueles que afectan ós costumes relacionados cos trastornos da afectividade (Tristura, ansiedade, gañas de chorar, pouca autoestima, desilusión), os trastornos do comportamento (falla de interese pola vida, perda da fame, illamento social e, en moitas das ocasións,) os trastornos de pensamento (pensamento persistente negativo e obsesivo, sentimento de culpabilidade, incapacidade de concentración, pesimismo, ideas de suicidio ou automutilación)
Físicos: Son aqueles que teñen unha orixe psicosomático, é dicir que aínda que teñan unha sintomatoloxía física, son o resultado de causas emocionais. Entre deles poderíamos menta-los seguintes: dores indeterminados e transitorios, dor de estómago, acidez, dor de cabeza, problemas na fala, diarrea, mareo, problemas de erección e falla de fame sexual, sensación de afogo, palpitacións, hipertensión, etc. Todos estes síntomas poden ser constantes, manténdose de igual xeito durante tódolos días do enfermo (depresión unipolar) ou cíclicos, alternando períodos dunha euforia desmedida con outros nos que destacarían os síntomas vistos anteriormente (depresión bipolar). É unha enfermidade moi cotiá que afecta sobre dun 3 a un 4 % da poboación, sendo mais o costume entre as mulleres. Soe comezarse a partires dos 40 años.
Causas:
Físicas: Son aquelas producidas por algún trastorno orgánico relacionado co sistema nervioso, que mingúan a capacidade comunicativa dos neurotransmisores. (Depresión endóxena)
Ambientais: Son aquelas producidas por algunha causa externa, relacionada con situacións traumáticas persoais adversas (perda dun familiar, experiencia negativa, perda do traballo, problemas de relación, desenganos amorosos, etc). (Depresión reactiva)
Químicos: A inxesta de algúns productos químicos, coma fármacos ou drogas, pode incrementa-lo rico da depresión.
Fitoterapia: O tratamento da depresión, nas súas fases profundas, require un enfoque plural no que o doente precisa unha atención por parte dos facultativos. Na depresión profunda e media, faise preciso un tratamento farmacolóxico, especialmente ata que consiga superarse. Un tratamento psicoterapéutico durante esta época resulta moi útil. Unha vez superada a crise, precisará adoptar un cambio de mentalidade na que o doente busque unha maior relación cos que lle rodean e que lle axudarán a non recaer. Durante esta época resulta moi interesante mudar os costumes de vida, tentando buscar un xeito de vivir mais natural. A substitución dunha dieta animal por outra vexetal, rica en minerais e vitaminas; a realización de actividades en campo aberto, en contacto coa natureza; percurarse algún entremetemento social ou algún entremetemento que encha o baleiro anímico; o exercicio físico, o contacto co sol , etc axudan a supera-la enfermidade e a evita-las recaídas. A función principal da fitoterapia consiste en usar aquelas plantas cuxa finalidade traducirase en: evitar caer nun estado depresivo, cando se sospeiten os primeiros síntomas.
O tratamento da depresión leve: na depresión profunda e media, favorece-la substitución de fármacos antedepresivos, que posúen moitos efectos secundarios -aumento de peso, problemas gástricos, hipertensión arterial, etc- por outros remedios naturais menos agresivos. Esta substitución deberá facerse paulatinamente, unha vez superada a crises inicial, sen abandonar de golpe o tratamento inicial, o que podería causar unha recaída.
Uso interno:
-Herba de San Xoán, Hipérico: (Hyperycum perforatum) 10 gotas de tintura tres veces ó día. Unha culleradiña de po de flores esmagadas 2 veces ó día. A exposición da pel ao sol detrás do uso interno da planta pode causar dermatites. Soe producirse dermatites por contacto se a recollemos ou se poda a planta en condicións de sol e humidade. A hipericina produce fotosensibilización, polo que provoca enrodelamento da pel despois de toma-lo sol.
-Pasiflora, flor da paixón: (Passiflora caeurulea) Infusión dun par de culleradas da planta seca por medio litro de auga. Beber un par de cuncas pequenas ó día. Maceración da cantidade que se desexe de planta seca coa mesma cantidade de alcohol durante unha semana. Filtrar e tomar unhas 25 gotas ó día. Contraindicacións: Incompatible có consumo de drogas e alcohol. Convén evitar o seu consumo durante a preñez e maila lactación.
-Valeriana: (Valeriana officinalis) Infusión duns 15 gramos da raíz da planta que se deixa repousar durante toda a noite.
-Sauce: (Salgueiro) (Salix alba) Infusión dunha pizca de follas e flores secas. Tres cuncas ó día.
-Espiño: (Crataegus oxycanta) Unha cullerada de xarope 3 veces ó día. Véndese en boticas.
-Sarxa dos prados (Salvia pratensis) 30 gotas ó día en tintura.
-Menta, mentastro: (Menta piperita, Mentha rotundifolia) Para calmar as palpitacións cardíacas pódese beber auga quente cunhas gotas da súa esencia.
-Manzanilla: (Matricaria chamomilla) Infusión dunha cullerada de flores secas. Tomar unha cunca polas noites para durmir.
-Melisa: (Melisa officinalis) Infusión dunha culleradiña de planta seca por cunca de auga. Tomar 3 cuncas ó día.
-Milfollas: (Achilea millefolium) Mestura de tintura de manzanilla e milfollas a razón de 4 gotas diarias despois das tres comidas principais.
Uso externo:
A mellor solución consiste en utiliza-las plantas en baños para aproveitar as súas propiedades tónicas e calmantes dun sistema nervioso desequilibrado.
-Manzanilla: (Matricaria chamomilla) Poñer a auga do baño no líquido resultante dunha infusión de flores secas ben cargada. Pódense engadir unhas 15 gotas de esencia.
-Herba de San Xoán, Hipérico: (Hyperycum perforatum) Baños de asento e de pés co líquido resultante de ter durante 10 horas a planta metida dentro de auga fría. Filtrar e verter quente no baño.
Alimentación e depresión: Unha alimentación axeitada pode axudar a combater os síntomas da depresión ou impedir que esta enfermidade apareza. Entre os compoñentes antedepresivos probados atópanse os seguintes:
Ácido ascórbico: (Vitamina C) Entre estes, os principais alimentos que conteñen esta vitamina teríamos os seguintes: os cítricos (limóns, laranxas e pomelos); verduras como as borrallas, os allos, as cebolas; froitos ternos, como as fresas, ananás, anacardos ou as papaias e froitos secos, como as abelás ou as améndoas,
A folacina ou ácido fólico: Alimentos ricos neste compoñente son: os anacardos, espárragos, avea, coles, pementos, laranxas, zenouras, leitugas, tomates, mazás, peras, améndoas, patacas, espinacas, etc.
O triptofano: É un aminoácido considerado coma o mellor relaxante natural. É o precursor da serotonina, un neurotransmisor. Algúns alimentos que conteñen este compoñente: o allo, cebola, anacardos, avea, col, cabazas, castañas, cítricos en xeral, tomate, figos, fabas, mango, etc.
O calcio: Alimentos ricos en calcio son verduras coma allos, cebolas, coles, froitas, como as castañas, noces, cocos, figos, especialmente os figos secos, mazás, mangos, plátanos, aguacates, améndoas. Outro aminoácido que axuda en contra da depresión é a fenilanina. Outros minerais con propiedades antedepresivas serían o magnesio, o potasio e mailo litio.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios