Galicia intenta axudar a paraliza-las patentes software

31

Estase a crear unha coordenadora galega de LUG’s, empresas, particulares… integrada na FFII para intentar paraliza-lo proceso de aprobación da lei de patentes de software no parlamento europeo. Aínda está todo un pouco no aire (xa que a idea xurdiu fai escasos días).

patentes01.jpg


Este é o correo da convocatoria da da FFII para un Encontro Informativo sobre Patentes de Software. Chegará ás direccións que puidemos recolectar na web, de modo que vos agradeceríamos que lle derades a máxima difusión.
A FFII (http://ffii.org) é a Fundación para a Libre Infraestructura da Información. Trátase dunha organización europea sen ánimo de lucro con sede en Munich (Alemania) que agrupa a diversos grupos de interese en materia de fluxo de datos abarcando o espectro entre organizacións de carácter empresarial e vontades individuais pasando por distintos proxectos vencellados co software libre ou grupos de usuarios de linux coma vós. Máis de 400 membros, 1000 empresas e 60000 asinantes validan á FFII para actuar no seu nome en cuestións de políticas públicas na área dos dereitos de propriedade intelectual e no procesamento de datos.
Nos últimos anos as institucións europeas están a tramitar unha serie de iniciativas lexislativas que afectarán ao fluxo de datos das redes de comunicación de Europa no futuro inmediato. Estas iniciativas legais toman a forma de “Directivas” como a de Protección dos Dereitos de Autor (coñecida por IPR) ou de Patentabilidade de Invencións Implementadas en Computadora (directiva de patentes). Temos evidencias de que as grandes corporacións -SCO, IBM, Vivendi-Universal e outras- tratan de utilizar a lexislación europea para amparar as súas prácticas monopolísticas, e por este motivo levamos varios anos realizando un estricto seguemento da tramitación destas leis e organizando movilizacións a escala europea das que seguro que tivestes noticias.
No caso da directiva de patentes, foi proposta pola Comisión no ano 2002 cunha clara intención de permitir a patentabilidade ilimitada de software. Gracias ao apoio empresarial e social obtido naquela campaña (http://proinnova.hispalinux.org, http://patentes.caliu.org) conseguimos que o Parlamento Europeo aprobara en setembro de 2003 un conxunto de *enmendas que impiden a patentabilidade de software*.
Sorprendentemente 😉 estas enmentas non están contempladas no novo texto que que propuxo a Presidencia Irlandesa a raíz das presións dos grupos pro-patentes (como sabedes a economía Irlandesa ten fortes vínculos con empresas como Microsoft ou Apple) e que vai ser votado no próximo Consello de Competitividade que será o próximo luns 17 de maio de 2004. Se este texto obtivera o acordo do Consello, convertiríase de facto no texto de traballo oficial da directiva de patentes… e neste texto *non están contempladas as enmendas* que impiden a patentabilidade de programas de ordenador.
Dada a gravedade e a urxencia da situación e visto o éxito da manifestación do día 14 en Bruxelas, dende a FFII decidimos convocar de novo unha movilización a escala europea que denominamos “Semana de movilización contra as patentes” e que consiste en tratar de visibilizar este problema meiante manifestacións, encontros con parlamentarios, charlas, debates, nano-demos, flash-mobs, performances e todo o que se nos ocurra, en función das distintas realidades locais. Posto que a perspectiva de convocar unha manifestación galega non era moi realista, preferimos apoiar as distintas convocatorias de encontros para
visibilizar este problema.
Até o momento puxéronse en contacto con nós diversas personas que participan en LUGs galegos, algunha empresa preocupada polo problema, centros sociais que se ofrecen para organizar charlas e a raíz do encontro celebrado en Bruxelas, tamén contamos coa participación de Camilo Nogueira do BNG, que é un deputado do Parlamento Europeo dentro do grupo Verdes/ALE co que organizamos conxuntamente o EuroLUG no que acudiron persoeiros como a Free Software Foundation, “DVD” John (hacker do DeCSS) ou Alan Cox entre outros.
Por ese motivo pensamos que sería moi interesante que nos xuntáramos empresarios, xentes dos GUL e políticos nun Encontro Informativo sobre Patentes de Software como os que estamos a organizar en toda Europa, aproveitando a presenza de Camilo Nogueira en Santiago na mañá do venres 14 e o ofrecemento feito por Ana Miranda da oficina europea no europarlamento para utilizar algún local con conexión a internet situado na súa sede nacional. Se ben conseguimos contactar con outros parlamentarios como Rosa Miguelez do PSOE, aínda non recibimos resposta
nen ofrecemento que poidamos incluir nas movilizacións: polo momento só temos o do BNG e se xurdira calquera outro avisarémosvos igualmente por que entendemos que os GUL non parten de un único posicionamento político, senón que coexisten distintas tendencias unidas por un interese común no software libre (xeneralmente GNU, pero hai máis cousas que Debian non si? 🙂
O formato do encontro é similar ao que tivemos en Bruxelas: unha pequena introdución de meia hora da FFII e do europarlamentario seguido dunha sesión que sirva para poñer en contacto estas distintas realidades en torno ao software libre. A nosa experiencia é que o mellor para esto e levar portátiles con linux preinstalado que sexan capaces de mostrar vídeos, executar aplicacións tipo openoffice ou aplicacións e xogos o máis vistosos posibel. Se alguén se atreve a instalar un Linux gráfico, ou mostrar algunha Live-CD serían tamén ideas benvidas… a cousa é dar pé a falar das vantaxes do software libre e do problema que supoñen as patentes.
empresa, proxecto de software libre ou GUL galego e máis enviarme unha mensaxe en resposta a esta mesma; non pretendemos discriminar a ninguén pero así facilitamos a acreditación das personas e evitaremos problemas de seguridade (estas cuestións son engorrosas pero inevitábeis
cando hai personalidades políticas polo meio).
Tamén será preciso ter a man o número de serie do portátil para rexistralo á entrada; así evitaremos roubos ou perdas accidentais de material. Se algún de vos participa nalgunha empresa que poida estar interesada, que se sinta libre de inscribela tamén.
Debido á falta de tempo, provoquei unha confusión por que sei que existe a vontade de algunhas personas de organizar unha coordenadora galega contra as patentes de software, e pensei que era algo que trataríades neste encontro: a min paréceme moi boa idea e a FFII estaría disposta a apoiar esta iniciativa, se ben tería que estar organizada polos próprios GUL galegos, nós non debemos organizar esa clase de iniciativas Nós temos certa experiéncia nestas cousas, e pódovos contar que do encontro de Bruxelas xurdiu unha lista de correo que está poñendose en marcha por iniciativa do LUG de Roma (un dos máis antigos da Europa) e que pretende xuntar a todos os LUG europeos. Dende logo, se xurde unha iniciativa semellante, contade co noso apoio! Pola miña parte tratarei de facer xestións para conseguirvos algun local social para a tarde do venres ou durante o sábado, aínda que de momento non teño nengunha confirmación.
Quedo pois á vosa disposición para resolver cantas dúbidas poida haber sobre a cuestión, aínda que penso que o mellor sería encontrarnos directamente o venres 14, e alí falamos.
Por favor, enviade a confirmación de asistencia dos vosos GUL e/ou empresas como resposta a esta mesma mensaxe (ou chamade ao meu móbil que está na páxina da convocatoria kwiki.ffii.org
indicando estes datos:
Nome e Apelidos:
DNI:
GUL:
Qué queres mostrar: (portátil, PDA, mplayer, soffice, de todo… 🙂

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios