Exposición sobre ‘Xocas’ na Biblioteca

159

[RTVi-As Pontes] Na Biblioteca Municipal está instalada unha exposición sobre o
Xaquín Lorenzo Fernández, máis coñecido co sobrenome de Xocas, o escritor
elixido pola Real Academia Galega para dedicarlle, este ano, o Día das
Letras Galegas.

xocas.jpg


A mostra consta de doce paneis nos que se repasa a vida e maila obra do que
foi fundador e director do Museo do Pobo Galego ademáis dun dos etnógrafos
máis importantes do país.
A exposición comeza cunha biografía do autor e a continuación abórdase o
paso “Da nenez ó contacto coa Xeración Nós”. E é que Xaquín Lorenzo se
incorporou ó Grupo Nós con Risco, Florentino Cuevillas e Otero Pedrayo.
Un terceiro cartel refírese ó tempo do seminario de estudios galegos. No seu
ingreso como socio activo Xocas presenta un amplo estudio descritivo sobre o
carro que fixera en Facós.
Tamén se repasa o seu período como docente no Instituto de Ourense,
primeiramente e no Colexio Cardenal Cisneros logo. A exposición recolle
tamén os seus estudios sobre arqueoloxía e historia. E é que Xaquín Lorenzo
é autor dun vasto traballo arqueolóxico, colaborando xa desde o ano 1.931 na
catalogación de castros, sendo membro do servicio de escavacións do
Instituto de Estudios Rexionais, e colaborador do Museo Arqueolóxico
Provincial de Ourense.
Ademáis destácanse os seus estudios sobre a cultura material. E é que Xocas
xa desde os tempos do Seminario amosa nos seus traballos a preocupación
constante pola perda dos trazos materiais e sociais da identidade galega.
Os seguintes paneis refírense ó estudio da lingua e da lieratura popular e
máis ás ilusións dos novos tempos.
Nestas seccións faise un recordatorio dos numerososos traballos feitos por
Xocas en defensa da lingua e da literatura popular galegas, polos que pasou
a formar parte da Comisión que elaborou as primeiras normas científicas
sobre o noso idioma publicadas como “algunhas normas para a unificación do
idioma galego”.
Os dous úlitmos paneis refírense ó paso de Xocas polo Museo do Pobo Galego,
do que foi fundador e director; e o grande recoñecemento popular e oficial
que recibiu nos últimos anos da súa vida.
A exposición está instalada na sala de lectura da Biblioteca e pode ser
visitada entre as once e a unha, polas mañás e de catro a oito polas tardes.
Serve ademáis como guía para os lectores que durante estes días e a raíz da
proximidade do Día das Letras Galegas, se achegaron ata a Biblioteca para
aproximarse á personaxe homenaxeada.
Hoxe no programa Pontes coa Cultura falaremos sobre Xaquín Lorenzo
Fernández, máis coñecido como Xocas.
SERVICIO DE NOTICIAS DE RTVi-AS PONTES
aspontes.org
prensa@aspontes.org
981 45 31 89
981 45 31 90 (fax)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios