Volta ciclista á Coruña

43

[RTVi-As Pontes] Os afeccionados ó ciclismo están de noraboa, porque a mediados deste mes terán na vila dous eventos importantes relacionados con este deporte. Por unha banda, o día 15 [hoxe] pasará polo centro urbano unha etapa da volta ciclista á provincia da Coruña, mentres que o día 17, celébrase unha marcha popular, que organiza o Clube Ciclista Vilalba-As Pontes.


A Volta á Coruña disputarase dende o día 14 ó 16 de maio, e será patrocinada pola Deputación Provincial, e participarán corredores federados e sub-23.
A segunda etapa vai discorrer por esta zona, con saída e chegada no concello de Neda. Por este motivo a Policía Local establecerán un dispositivo especial para o paso dos ciclistas polo pobo, xa que ese día celébrase a feira quincenal.
Segundo as previsións da organización, a etapa sairá ás 12:00 do mediodía da rúa Xeneral Morgado de Neda, seguindo en dirección a Fene e Laraxe. Logo collerán ruta a Cabanas para enlazar coa estrada a As Pontes. Deste xeito, agárdase o paso do pelotón por Lavandeira sobre as doce e media, e pouco despois polo núcleo das Neves, na Capela.
A volta chegará a Goente, un dos altos da etapa, preto da unha menos vinte, e a Saa aproximadamente dez minutos despois. Entrarán no núcleo urbano pola Balsa, e atravesarán a Avenida de Lugo e a a Avenida de Ortigueira sobre a unha. Logo dirixiranse á estrada de Ortigueira para alcanza-lo alto do Caxado. A etapa seguirá polo alto da Faladoiro e regresará a Neda por Senra, San Claudio, Ponte Mera e San Sadurniño.
E un par de días despois, o 17 de maio, celébrase na nosa vila a Marcha Popular Concello das Pontes, que organiza o Clube Ciclista Vilalba-As Pontes. Os participantes sairán sobre ás once da mañá do Concello, para chegar ó mesmo lugar. Ademáis está previsto que se faga entrega de agasallos para tódolos participantes.
RTVi-As Pontes
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios