A ANC chega a un acordo con Microsoft para establecer licencias específicas para cibers

85

Lendo libertaddigital.com:
“A diferencia do que ocorre noutros países de Europa, Microsoft non tiña en España unha licencia específica para uso comercial dos seus productos. Tras varios meses de negociacións a Asociación Nacional de Cibers (ANC) acadou un acordo coa compañía de Bill Gates para regulariza-la situación deste tipo de locales respecto ó seu software.”…


…”O acordo acadado entre Microsoft e a Asociación Nacional de Cibers contempla a regularización das licencias dos sistemas operativos e productos ofimáticos da compañía instalados nos locales, segundo informa o presidente da ANC, Eduardo Bazaco, no sitio web da organización.
Tras unha primeira fase informativa e comercial, desenvolverase a denominada ‘comercial’. esta consiste na adquisición por parte dos cibers das respectivas licencias (de Windows XP Pro, Office XP Pro e Small Business Server) e ‘seguidamente a obtención do pertinente contrato / certificado por parte de Microsoft, que lle permita a explotación comercial das licencias’. Dito certificado non suporá un custe adicional para o cibercafé. Segundo informa a mensaxe de solicita-lo mesmo contrato / certificado por parte de Microsoft’.
Nun e-mail enviado á lista de correo da ANC ó que tivo acceso Libertad Digital, Bazaco informa de que quen posúa licencias doutros sistemas operativos e paquetes ofimáticos de Microsoft tamén poderán adquiri-lo certificado da compañía sen ter que adquiri-los productos contemplados no acordo. Unha vez que se completara o periodo de regularización de licencias, procederase á fase de ‘inspección’. Nela calquera ciber que non dispoña delas ‘realizaranse as pertinentes comprobacións e procederase a denunciar ás autoridades e organismos competentes os centros NON regularizados e que polo tanto non cumpren coa legalidade vixente ó efecto’.”…
Fonte: libertaddigital.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios