Proxecto carril bici e peonal no encoro

100

[RTVi-As Pontes] Un grupo de propietarios de terreos afectados pola construcción do paseo peonal e carril bici ate o encoro da Ribeira reuníronse o venres con responsables municipáis para continuar coas negociacións sobre os pagos que recibirán pola ocupación deste espacio. Este proceso seguirá aberto durante as próximas semanas, xa que o Concello está negociando este tema chamando por turnos ós implicados para axiliza-los contactos, e polo tanto nas vindeiras datas contactarase con outro grupo de propietarios.


Estas obras serán sufragadas por Endesa, e teñen o visto e prace do Servicio de Augas de Galicia. Se non hai problemas, os traballos poderían comeza-lo antes posible, e tamén servirán como acceso peonal para a nova area recreativa da Ribeiranova, que xa está moi avanzada.
Como ben coñecen, a estrada que vai dende a Fraga ate o encoro da Ribeira é lugar habitual de paseo para os veciños dende hai moitos anos. Pero as características da vía non son demasiado propicias, xa que é moi estreita na maior parte do seu recorrido.
O proxecto contempla executar na marxe da estrada que da ó Eume unha beirarrúa e tamén un carril bici que comezará na confluencia coa rúa Celso Emilio Ferreiro; está previsto desdoblar o tramo para bicicletas pola zona da antiga escola taller, e logo chegará ate os locais do Clube de Piragüismo. Tamén prevese poñer medidas para que os coches circulen máis amodo.
Polo tanto este tramo enlazará có carril bici xa existente que vai dende a Fraga ate o Monte Caxado, e no futuro seguirá á Vilabella. Isto implica que haberá un paseo continuo dende a Ribeira á Vilabella pasando pola Casilla.
aspontes.org
prensa@aspontes.org
981 45 31 89
981 45 31 90 (fax)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios