Entre Nós, en Galego

129

[RTVi-As Pontes] Alba María Saavedra García, alumna de segundo ciclo de educación primaria do Colexio Santa María, gañou o segundo premio da campaña “Entre nós, en galego”, no apartado de cartel e lema. Esta rapaza presentábase ó certame cun orixinal cartel dun pasatempo, unha encrucillada que ó resolverse aparecía o lema “Segue o mellor camiño, escolle o galego”.


O vindeiro sábado, día 29 de Maio, Alba Saavedra recibirá o galardón que a acredite como segunda premiada no certame. A entrega dos premios farase no salón de actos do IES Cruceiro Baleares de Culleredo. O acto estará presidido polo Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.
O Colexio Santa María presentouse ó certame “Entre nós, en galego” nas categorías de música, teatro, narrativa e cartel e lema.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios