11.-ALGUNHAS APLICACIÓNS DAS PLANTAS (VI)

103

Problemas da circulación: Hipertensión, Hipotensión, Insuficencia cardíaca, Taquicardia e Varices.


12-HIPERTENSIÓN: A hipertensión defínese: Vertixes como a presión arterial demasiado alta.
Síntomas: As veces asintomático. Vertixes, mareos, dor de cabeza, zumbado nos oídos, etc.
Causas: Factores xenéticos herdados. Alimentación inadecuada con demasiadas graxas. Alcohol, tabaco e café. Estres.
Fitoterapia: Uso interno: Infusións depurativas:
-Visco: (Muérdago): (Viscum Album) Cocemento durante 15 minutos dunha culleradiña de polas e follas por cunca. Non excede-la cantidade. 5 gr. de planta, como máximo, ó día.
-Espiño branco: (Crataegus monogyna) Infusión dunha cullerada de flores secas, dúas ou tres veces ó día.
-Allo: (Allium sativum) Cru nas ensaladas.
-Oliveira: (Olea europaea) Dúas ou tres cuncas ó día coa infusión dunhas follas por litro de auga.
-Grama: (Cynodon dactylon) 3 gotas de extracto fluído varias veces ó día. A venda nas boticas.
-Limón: (Citrus limonum) Cura do limón: Tomar o zume con auga. Aumentar progresivamente a dose, engadindo un limón diario ata chegar a 11 ou 12. Inverte-lo proceso ata chegar de novo a un limón diario, durante 15 días.
13-HIPOTENSIÓN: Presión arterial demasiado baixa.
Síntomas: Dor de cabeza, debilidade xeral, canseira e sono.
Causas: Constitucional. Mala circulación periférica.
Fitoterapia: Uso interno:
-Fumaria: (Fumaria officinalis) Infusión das flores secas. Unha cullerada por tres cuncas de auga ó día. Se triplicámo-la dose, os efectos que se terán serán opostos e terá un uso hipotensor.
-Espiño Branco: (Crataegus monogyna) Infusión dunha cullerada de flores secas, dúas ou tres veces ó día. Esta mesma planta, como vimos antes, tamén serve para rebaixa-la tensión arterial. Poderíamos considerala como reguladora nos casos de hipertensión e hipotensión. Pódese tomar sen límite de tempo.
-Xenciana: (Gentiana Lutea) Infusión da raíz seca. Dúas cuncas ó día. Una culleradiña por cunca. Tomar so con prescrición médica: Árnica, acónito, eleboro e muguete. ¡¡¡ Perigosas e velenosas !!!
14-INSUFICIENCIA CARDÍACA: A insuficiencia cardíaca é a incapacidade do corazón de impulsa-la sangue que recebe.
Síntomas: Canseira en situacións de pouco esforzo, sensacións de vertixes, mareos etc.
Causas: Alimentación inadecuada con exceso de graxas, azucres e alimentos ricos no colesterol. Alcohol e tabaco. Estres. Falla de exercicio. Obesidade. Mala circulación en xeral.
Fitoterapia: Uso interno: Cardiotónicos. Infusións depurativas:
-Xesta negra: (Sarothamnus Scoparius) Cocción dunha culleradiña de flores secas por cunca de auga. Ata tres cuncas diarias.)
-Fumaria: (Fumaria officinalis) Infusión durante 15 minutos de 4 culleradas por litro de auga. Dúas cuncas ó día.
Outra serie de plantas tradicionalmente utilizadas como cardiotónicas non deben tomarse porque o seu uso é perigoso ¡¡¡ Acónito, árnica, eleboros, abeluria, muguete, adonis vernal !!!
15-TAQUICARDIA: A taquicardia é a aceleración do ritmo cardíaco.
Síntomas: O ritmo do corazón vai mais rápido do normal, síntese afogo, canseira, etc.
Causas: Abuso dos estimulantes: café, tabaco alcohol, etc. Estados de ansiedade. Emocións momentáneas. Esforzos. Febles.
Fitoterapia: Uso interno: Infusións depurativas:
-Espiño branco: (Crataegus monogyna) Infusión dunha cullerada de follas secas dúas veces ó día, durante un par de meses.
-Esparragueira: (Asparagus officinalis) Cocemento das xemas. Uns 60 gr. por litro de auga. Non tomar no caso de doenzas renais ou nerviosismo.
-Agripalma: (Leonorus Cardiaca) Cocemento durante 6 minutos de 125 gr. de follas secas por litro. Unha cunca antes de irse a durmir.
16-VARICES: Ensanchamento do volume normal das veas, especialmente nas pernas.
Síntomas: Aumento do tamaño das veas, pesadez nas pernas, dor, etc.
Causas: Alimentación pouco axeitada: demasiadas graxas e proteínas. Poucas froitas e verduras. Falla de exercicio físico ou abuso das situacións nas que se esta demasiadas horas de pé. Un pouco de exercicio ou deixar descansar as pernas, colocándoas nunha posición de altura pode axudar a superar este problema. Mala circulación en xeral. Preñez: mais do 80 % das mulleres no seu primeiro fillo sofren desta doenza.
Fitoterapia: Uso interno: Infusións depurativas:
-Malva: (Malva silvestris) Infusión dunha culleradiña de flores e de follas por cunca. Dúas cuncas ó día.
-Cola de cabalo: (Equisetum Arvense) Tisana coa cocedura durante 20 minutos de 10 culleradas da planta seca. Tres cuncas ó día.
-Milfollas: (Achillea millefolium) Infusión das flores secas. Dúas cuncas ó día.
Uso externo:
-Chicoria: (Cichorium intybus) Cataplasma da maceración de 100 gr. de raíz en auga fervendo.
-Agrimonia: (Agrimonia eupatoria) Lavados da planta seca fervida en viño. Ferver 200 gr. da planta seca nun litro de viño durante 5 minutos. Deixar en infusión durante 5 minutos.
-Castaño de Indias: (Aesculus hippocastanum) Lavados co cocemento dunha cullerada de cascara por cunca. Cataplasma de 15 gr. de polpa do froito por litro de auga.
-Consolda: (Symphytum officinale) Cataplasma da planta seca.
-Cola de cabalo: (Equisetum Arvense) Lavados có cocemento de toda a planta.
-Correola: (Plantago maior) Cataplasma da planta fresca.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios