Greenpeace arríscase a ser ilegalizada en EEUU por abordar un barco que transportaba caoba ilegal

81

Lendo elmundo.es:
“Greenpeace arríscase a ser declarada ‘organización criminal’ e ser ilegalizada. A organización comparece nun tribunal federal de Florida (Miami) tra-la denuncia presentada pola Fiscalía Xeral pola protesta pacífica levada a cabo en 2002 polos seus activistas contra un barco que transportaba madeira de caoba ilegalmente talada na Amazonia brasileira.”…

greenpeace.jpg


…”O caso remóntase a abril de 2002, cando seis activistas da ONG ecoloxista abordaron fronte a costa de Florida un buque mercante que se dirixía a Miami e desplegaron unha pancarta co lema ‘Presidente Bush, deteña a tala ilegal’. Segundo recorda Greenpeace, no seu momento os ecoloxistas foron declarados culpables, pagaron unha multa e pasaron a fin de semana en prisión.
Sen embargo, a Xustiza estadounidense non pechara totalmente o caso: en xullo de 2003, o Departamento de Xustiza dirixido por John Ashcroft decidiu procesar a toda a organización no seu conxunto, ‘en lugar de investigar e denunciar ós importadores norteamericanos de madeira ilegal’.
A Fiscalía recurriu a unha lei de 1872 contra o ‘sailormongering’, unha práctica pola que as prostitutas dos portos subían ós barcos ou incitaban ós mariñeiros dende terra a acudir ás tabernas. Esta lei ‘oscura’ utilizouse só dúas veces en 130 anos, a última delas fai cen anos.
‘A lexislación estadounidense será utilizada para declarar a Greenpeace como unha ‘organización criminal’, mentras os madeireiros, transportistas e comerciantes de caoba ilegal seguen impunes e se rín da lei’, denuncia Greenpeace, afirmando que ‘a madeira ilegalmente talada segue chegando a Estados Unidos e Europa, España incluída, e os criminais seguen traballando no corazón da Amazonía’.
Respecto a John Ashcroft, Greenpeace defineo como ‘o home que cree que Greenpeace Estados Unidos debe ser declarada organización criminal por poñer en coñecemento das autoridades un crime que estaba a piques de ocorrer en só norteamericán’. ‘El é o responsable de que o noso dereito á liberdade de expresión corra perigo’, engade.
‘Desgraciadamente, el non está obrigado a expliar por qué a Administración Bush cree preciso declarar ilegal a Greenpeace -apunta a ONG-, nin tampouco dará a coñecer por qué a Administración Bush permite que os verdadeiros criminais sigan sen castigo e a Amazonía sexa saqueada’. A caoba é unha das madeiras protexidas polo Convenio Internacional sobre o Comercio de especies de flora e fauna amenazadas (CITES).
O pasado 15 de abril, o xuiz federal encargado do caso, Adalberto Jordán, aceptou a petición de Greenpeace para celeba-lo xuizo con xurado. O maxistrado afirmou que a denuncia da Fiscalía é ‘extraña e tal vez sen precedentes’, que tiña que ver coa liberdade de expresión e que parecía non estar exenta de certo tinte político.
No proceso, Greenpeace estará representada por David Halperin, antigo axudante do que fora presidente estadounidense Bill Clinton, quen defenderá ante o tribunal que esta demanda é ‘un perigoso precedente para o futuro da liberdade de expresión e o dereito á protesta civil en Estados Unidos’.”
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios