Bush non logrou enxuizar a Greenpeace

41

Lendo greenpeace.org:
“A Administración Bush non logrou enxuizar a Greenpeace utilizando a lei contra os burdeis. O xuiz Adalberto Jordán desestimou os cargos do xuizo. Pouco despois de que o Departamento de Xustiza rematara o seu alegato, o xuiz absolveu a Greenpeace xa que non había suficiente evidencia para envia-lo caso a un xurado. Greenpeace foi a primeira organización en ser enxuizada por actividades relacionadas coa liberdade de expresión.”…

victoria.jpg


…” ‘A liberdade de expresión obtivo unha victoria pero as nosas liberdades seguen en perigo’ – declarou Juán López de Uralde, director executivo de Greenpeace España – ‘A Administración Bush e os seus aliadeo están empeñados en reprimi-las protestas civiles. Nunca cesaremos no noso empeño en protexe-los nosos bosques, o noso aire, as nosas augas e en construir un futuro verde e pacífico.’
Este xuizo produciase como resultado dunha protesta que tivo lugar na costa de Florida en abril de 2002. Dous activistas de Greenpeace abordaron pacificamente un barco que transportaba caoba ilegal da Amazonía brasileira ó porto de Miami. Os activistas, que se identificaron como membros de Greenpeace, pretendían pendurar unha pancarta que dicía President Bush: Stop Illegal Logging (Presidente Bush: para a tala ilegal). Os activistas involucrados nesta protesta pacífica foron arrestados e xulgados pola mesma, despois da acción.
O Departamento de Xustiza de Estados Unidos, sen embargo, en vez de intercepta-la caoba ilegal e procesar ós contrabandistas, presentou cargos criminais contra Greenpeace o 18 de xullo de 2003. Greenpeace foi acusada baixo unha lei de 1872, lei contra os burdeis, que tiña como fin evitar no século XIX que as prostitutas de tabernas e burdeis de porto non atraesen ós mariñeiros ós seus establecementos.”
Fonte: greenpeace.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios