12.-ALGUNHAS APLICACIÓNS DAS PLANTAS (VII)

76

17-ARTRITES REUMATOIDE.
A artrites reumatoide é unha enfermidade crónica de evolución imprevisible na que se produce a inflamación das articulacións menores das extremidades, afectando tamén a outros órganos do corpo: osos, tendóns, etc.


17-ARTRITES REUMATOIDE: A artrites reumatoide é unha enfermidade crónica de evolución imprevisible na que se produce a inflamación das articulacións menores das extremidades, afectando tamén a outros órganos do corpo: osos, tendóns, etc.
Síntomas: os síntomas prodúcense intermitentemente mesturándose momentos nos que se manifesta a enfermidade con outros nos que non produce síntoma algún.
Síntomas articulares: dor articular intermitente, rixidez matutina coa sensación dos membros pesados, inflamación das articulacións con quentamento das mesmas, debilidade muscular e, en estados mais avanzados, deformacións das articulacións (desviación cubital).
Síntomas non-articulares: nódulos debaixo da pel, especialmente nos xeonllos e codos, anemia, especialmente nos períodos de ataque da enfermidade, e, nalgúns casos, subida das plaquetas. En casos moi avanzados, inflamación das veas (vasculitis) con aparición de úlceras nas mans ou pés.
Causas: descoñécense.
Fitoterapia: A artrites reumatoide é unha enfermidade que, sendo crónica, ten un pronostico impredecible, unha vez que ten feito a súa aparición. Existen casos nos que a enfermidade aparece en brotes intermitentes ó longo de toda a vida do doente; noutros casos estes ataques fanse moi afastados no tempo uns doutros e, noutros casos, a enfermidade non volve a remitir. A fitoterapia iría destinada tanto a previr en todo o que sexa posible a aparición da enfermidade e en favorece-las condicións de vida do doente que a sofre.
Uso interno: Plantas depurativas: Moi axeitadas para axudar a supera-los efectos desagradables que carreta a aparición da enfermidade, especialmente no que se refire á acumulación de líquidos nas articulacións. A maioría destas plantas producen un beneficio depurando o organismo ao aumenta-lo mexo, polo que non deberían tomarse naqueles casos na presencia de hipotensión arterial. Igualmente a presencia de taninos en moitas destas plantas pode producir molestias intestinais e debe evitarse o seu uso cando o doente presente úlcera gastrointestinal ou gastrites.
-Bistorta: (Polygonum bistorta) Cocemento de 5 gr de rizoma. Tomar tres cuncas ó día, fora das comidas.
-Buxo: (Buxus sempervirens) Cocemento duns anacos de cascara seca por litro de auga durante un cuarto de hora. Una cunca ó día, repartida en 4 tomas. Non tomar durante a preñez!!!
-Brecina: (Calluna vulgaris) Infusión dunha presa de sumidades florais por cunca de auga durante 15 minutos. Una cunca despois das tres comidas principais.
-Cerdeira: (Prunus avium) Cocemento ou infusión de pedúnculos florais.
-Cola de cabalo: (Equisetum arvense) Cocemento durante 30 minutos dunha boa presa de planta seca nun litro de auga. tomar 3 cuncas ó día.
-Xenebreiro: (Juniperus communis) Cocemento durante 12 minutos dunha cullerada de baias secas moídas, por cunca de auga. Tomar 3 cuncas ó día. ¡¡ Non tomar durante a preñez !!
-Filipéndula: (Filipendula ulmaria) Infusión dunha cullerada de planta seca nunha cunca de auga quente -sen que chegue a ferver para non destruí-lo ácido salicílico- Tomar 4 cuncas ó día fora das comidas.
-Gatuña: (Ononis spinosa) Cocemento ó 5 % da raíz seca. 5 cuncas ó día.
-Fresa: (Fragaria vesca) De tres a catro cuncas diarias da infusión de follas e das raíces.
-Limoeiro: (Citrus limonum) Tomar o zume da planta, fresco e a vontade.
-Ortiga: (Urtica dioica) Cocemento da raíz seca durante 10 minutos. Tomar 3 cuncas ó día. Infusión de dúas culleradas de follas secas por litro de auga. Tomar tres veces ó día antes das comidas.
-Primavera: (Primula officinalis. = Primula veris) Cocemento dunha presa de flores en medio litro de auga. Tomar varios vasos pequenos ó día.
-Sanguinaria: (Paronychia kapela) Infusión dunha cullerada, de prostre, de sumidades florais. Tomar tres cuncas ó día.
-Saponaria: (Saponaria officinalis) Cocemento de 50 gr. de follas secas por litro de auga. Filtrar sen deixar repousar para evitar que se formen toxinas. Tomar 2 vasos ó día.
-Salgueiro: (Salix alba, Salix purpurea) Cocemento ó 3 % da carapela, durante un cuarto de hora. Tomar tres cuncas ó día.
-Verbena: (Verbena officinalis) Infusión durante 15 minutos dunha cullerada de planta seca por cunca de auga. Tomar 3 cuncas ó día. ¡¡¡ No tomar durante o embarazo !!!
Plantas antirreumáticas: Son aquelas que axudan a previ-la aparición destas enfermidades porque presentan na súa composición compoñentes antirreumáticos. Entre todos eles mentar os seguintes: ácido ascórbico, ácido salicílico, ácido anísico, timol, cineol, mentol, lupeol ou triptofano. Usar estas plantas a miúdo constitúe unha bo xeito de previ-la aparición de enfermidades reumáticas.
Plantas ricas en ácido ascórbico: Entre todas elas pódense destaca-las seguintes:
-Allo: (Allium sativum) 6 gotas ó día de extracto fluído. Comer dentes de allo.
-Borralla: (Borago officinalis) Infusión durante 30 minutos de 15 gr. de follas secas. Tomar unha cunca despois das principais comidas.
-Cebola: (Allium cepa) 3 copiñas ó día da maceración de 50 gr. de cebola esmagada nun litro de viño.
-Col: (Brassica oleracea) Facer unha decocción de media hora cos elementos mencionados anteriormente e tomar a discreción varias veces ó día.
-Coriandro: (Coriandrum sativum) Infusións dos froitos secos, utilización dos froitos na cociña.
-Faba: (Vicia faba) Cocemento de 10 gr. de flores secas en 1/4 de litro de auga. Bebe-la cantidade que se desexe: ou as vainas ternas. En dobre proporción da planta terna vista anteriormente. Tomar a cantidade que se desexe.
-Figueira: (Ficus carica) Comer os figos frescos ou secos.
-Figo chumbo: (Opuntia ficus-indica) Comer os seus froitos frescos.
-Maceira: (Malus domestica) Comer moitas mazás.
-Pomelo: (Citrus grandi) Beber o zume desta planta.
Plantas ricas en ácido salicílico: Entre todas elas destaca-las seguintes:
-Anacardo: (Anacardium occidentale) Inxerir os seus froitos.
-Cabaza: (Cucurbita pepo) Comer as pebidas.
-Manzanilla: (Matricaria chamomilla) Infusión dunha cullerada de flores secas por cunca de auga. Tomar de 2 a 3 cuncas por día.
-Fresa: (Fragaria vesca) De tres a catro cuncas diarias de infusión das follas e das raíces.
-Té: (Camellia sinensis) Infusións das follas.
Plantas ricas en ácido anísico:
-Anís: (Pimpinella anisum) Infusión dos froitos secos.
-Fiúncho: (Foeniculum vulgare) Cocemento durante 10 minutos de 2 onzas de raíz fresca nun litro de auga. Beber un vaso despois das principais comidas.
Plantas ricas en timol:
-Albacora: (Ocimum basilicum) Infusión das sumidades florais.
-Apio: (Apium graveolens) Comer a planta nas ensaladas.
-Limoeiro: (Citrus limonum) Tomar o zume da planta, fresco e a vontade.
-Laranxa amarga: (Citrus aurantium) Infusión das follas secas.
-Té: (Camellia sinensis) Infusións das follas.
-Melisa: (Melissa officinalis) Infusión da planta seca.
-Ourego: (Origanum vulgare) Infusión da planta seca.
-Poleo: (Mentha pulegium) Infusión da planta seca.
-Tomiño: (Thymus vulgaris) Infusión dunha cullerada de planta seca. 2 cuncas diarias.
Plantas ricas en cineol:
-Axedrea: (Satureja montana) Infusión da planta seca.
-Coriandro: (Coriandrum sativum) Infusións dos froitos secos, utilización dos froitos na cociña.
-Herba luísa: (Lippia citriodora) Infusión dunha cullerada da planta seca por cunca de auga. Tres cuncas ó día.
-Loureiro: (Laurus nobilis) 4 gotas de aceite esencial, 3 veces ó día.
-Limoeiro: (Citrus limonum) Tomar o zume da planta, fresco e a vontade.
-Menta da auga: (Mentha aquatica) Infusión da planta seca.
-Milfollas: (Achillea millefolium) Infusión das follas secas.
-Ourego: (Origanum vulgare) Infusión da planta seca.
-Romeo: (Rosmarinus officinalis) Infusión da planta seca.
-Tanaceto: (Tanacetum vulgare) Infusión da planta seca.
Plantas ricas en mentol:
-Albacora: (Ocimum basilicum) Infusión das sumidades florais.
-Hedra terrestre: (Glechoma hederacea) Infusión da planta seca.
-Milfollas: (Achillea millefolium) Infusión das follas secas.
-Menta da auga: (Mentha aquatica) Infusión da planta seca.
-Poleo: (Mentha pulegium) Infusión da planta seca.
Plantas ricas en lupeol:
-Aloe vera: (Aloe vera) Burm) Acibar. Perigoso. Usar con moita prudencia.
-Gaiuba: (Arctostaphylos uva-ursi) Infusión das follas secas. Posúe un alto contido en taninos que, en concentracións elevadas resulta tóxico.
-Bieiteiro: Sabugueiro: (Sambucus Nigra) Cocemento duns anacos de carapela nun litro e medio de auga ata que esta quede reducida a 1/3 parte. Tomala toda ó longo do día.
-Té: (Camellia sinensis) Infusións das follas.
-Tomateira: (Lycopersicon esculentum) Comer tomates frescos na ensalada.
Plantas ricas en triptofano: Aparece na composición de moitos froitos, polo que convén comer deles regularmente: Pemento, papaia, anacardo, mango, castaña, laranxa, mandarina, lima, pomelo, aguacate, sandía, cabaza, cogombro, plátano, figo, fresa.
-Allo (Allium sativum) 6 gotas ó día de extracto fluído. Comer dentes de allo.
-Cebola: (Allium cepa) Comer cebola cru.
-Espárrago: (Asparagus officinalis) Comer espárragos en ensaladas ou cocido.
Ultimamente estanse estudiando os efectos beneficiosos de la capsicina (compoñente que forma parte do xénero Capsicum, o que se coñece vulgarmente coma pemento) sobre da diminución da dor nos enfermos de artrites reumatoide, ó mesmo tempo que evita os efectos secundarios que sofre o tratamento convencional.
Uso externo: A fitoterapia desta enfermidade centrase externamente en aliviar a dor articular que produce esta enfermidade, facendo que esta sexa mais soportable.
-Cardo santo: (Cnicus benedictus) Aplicar sobre da zona afectada tintura da planta, feita mediante fermentación da decocción da planta seca en alcohol, durante 10 días.
-Loureiro: (Laurus nobilis) 4 gotas de aceite esencial 3 veces ó día. Friccións coa pomada de aceite esencial extraída dos froitos.
-Limoeiro: (Citrus limonum) Friccións co aceite esencial nas zonas afectadas.
-Manzanilla: (Matricaria chamomilla) Friccións co líquido resultante da maceración de 2 onzas de flores secas nun litro de aceite de oliva, durante un par de horas. Gardar o líquido nun recepente escuro e ben pechado e aplicar cando se sinta dor.
-Ourego: (Origanum vulgare) Aplicar aceite esencial sobre da parte da pel afectada cunha compresa limpa. Baños coa auga da bañeira moi quente, onde se teñan vertido un par de litros de infusión de flores secas.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios