Acampamentos 2004

96

[RTVi-As Pontes] A Escola de Tempo e Aire Libre Néboa ven de lanzar unha nova convocatoria das Acampadas Intermunicipáis na natureza, que se celebrarán na area de Vilarbó, no noso municipio, augas arriba do encoro da Ribeira. O patrocinio corre a conta dos concellos de As Pontes e de Neda, e tamén contará coa colaboración dos municipios de Malpica, Mugardos, Viana e Ferrol e da empresa Endesa, Xunta e Deputación.


De novo o obxectivo é xuntar ós mozos nun espacio natural, para que convivan rapaces de diversas procedencias e realicen actividades formativas e de coidado do medio ambiente.
As acampadas terán tres modalidades diferentes, e desenvolveranse durante todo o mes de xullo.
Para os máis pequenos, para rapaces de cinco a oito anos, estará o Campamento Robinsón, cun turno entre os días 2 e 5 de xullo. Durante eses días os nenos faraán actividades como canoa, xogos populares, artesanía, marchas, obradoiro de medio ambiente, e animación. O custe será de 70 euros.
O Campamento aventura está destinado a mozos de 8 a 11 anos, que ocuparán o último turno desta iniciativa, o que irá dende o 22 ó 30 de xullo. Neste caso están previstas actividades de aire libre, con marchas, obradoiro de medio ambiente e acampadas no río, tamén haberá artesanía, cociña, limpeza, xogos populares e varias modalidades deportivas. O custe será de 114 euros.
Mentres que o Campamento Fortuna contará cós rapaces maiores, de 12 a 17 anos de idade, que estarán en Vilarbó do día 6 ó 19 de xullo. Como os anteriores poderán realizar actividades de aire libre, culturáis e tamén varios deportes, como a canoa e remo, bicicleta, tiro con arco e carabina.
Durante estes días poden face-la inscrición, achegándose ó Pavillón Polideportivo, teñen deica o día 24 deste mes.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios