13.-ALGUNHAS APLICACIÓNS DAS PLANTAS (VIII)

104

18-A GOTA: é unha inflamación das articulacións producida polo almacenamento de ácido úrico que se deposita en forma de cristais, danando as articulacións e producindo moita dor, normalmente nas pernas.


18-A GOTA: é unha inflamación das articulacións producida polo almacenamento de ácido úrico que se deposita en forma de cristais, danando as articulacións e producindo moita dor, normalmente nas pernas.
Síntomas: Ataque agudo no dedo gordo do pé que se inflama e produce moita dor. Este ataque presentase normalmente de noite, cando normalmente soe doer mais e ten unha duración duns 3 días.
Dexeneración articular: As articulacións sofren unha dexeneración producida pola gota crónica que pode ser dolorosa ou non e que moitas veces presenta nos subcutáneos, xeralmente nos dedos dos pés e das mans e mesmo nas orellas.
Causas: Predisposición persoal: dáse naquelas persoas que posúen unha tendencia persoal a sufrir esta enfermidade. Soen ser persoas de complexión forte e moi afeccionadas “o bo comer”. Mal funcionamento do aparato excretor: esta anomalía prodúcese cando hai unha insuficiencia que non deixa eliminar o ácido úrico a traveso do mexo. Obesidade. Falla de exercicio.
Outras enfermidades: Alimentación pouco axeitada, rica en purinas, que se transforman en ácido úrico, levando ao organismo a un estado de sobresaturación deste ácido (hiperucemia).
Alimentos ricos en purinas que deben eliminarse por completo:
Carnes graxas, pero, especialmente, las vísceras: riles corazón, mollejas, fígado… Caldo rico en graxas. Pescado: sardiñas
Alimentos que deben controlarse e tomar en cantidades moderadas (uns 100 gr): Carnes: polo e mariscos. Pescado. Vexetais: fabas, coliflores, espinacas, lentellas, espárragos e chícharos. Tóxicos: viño, cervexa e café.
Alimentos que se poden comer: Tódalas verduras, agás as mentadas enriba. Froitos carnosos e secos. Leite e queixo. Ovos.
Fitoterapia: Neste tipo de afeccións metabólicas un dos principais xeitos de combatelas é mudando os costumes alimentarios. Unha dieta vexetariana ó máximo que sexa posible, rica en alimentos vexetais que conteñan niveis baixos en purinas resulta aconsellable. De non ser posible ou desexado, tentarase prescindir daqueles alimentos non aconsellados que aparecen arriba. Ademais da alimentación, un uso axeitado de plantas medicinais pode favorece-la non aparición da enfermidade, corrixila ou mellorar as condicións de vida de quen a sofre. Entre as plantas aconselladas están:
Para uso interno: Plantas depurativas: incrementan o mexo e favorecen a expulsión do ácido úrico ó mesmo tempo que desconxestionan as articulacións. Como resulta tan interesante aumenta-la diureses -eliminación de auga polo mexo- temos necesidade de aumentar a cantidade de auga que beberemos diariamente, así coma tomar unha contribución moi moderada de sodio, aínda que tendo moi en conta as contraindicacións.
A maioría destas plantas producen un beneficio depurando o organismo ó aumenta-lo mexo, polo que non deberían tomarse naqueles casos con presencia de hipotensión arterial. Igualmente a presencia de taninos en moitas destas plantas pode producir molestias intestinais e debe evitarse o seu uso cando o doente presente úlcera gastrointestinal e/ou gastrites.
-Bistorta: (Polygonum bistorta) Cocemento de 5 gr. de rizoma. Tomar tres cuncas ó día, fora das comidas.
-Buxo: (Buxus sempervirens) Cocemento duns anacos de carapela seca por litro de auga durante un cuarto de hora. Una cunca ó día, repartida en 4 tomas. ¡¡¡ Non tomar durante a preñez !!!
-Brecina: (Calluna vulgaris) Infusión dunha presa de sumidades florais por cunca de auga durante 15 minutos. Unha cunca despois das tres comidas principais.
-Cola de cabalo: (Equisetum arvense) Cocemento durante 30 minutos dunha boa presa de planta seca nun litro de auga. Tomar 3 cuncas ó día.
-Xenebreiro: (Juniperus communis) Cocemento durante 12 minutos dunha cullerada de baias secas e moídas, por cunca de auga. Tomar 3 cuncas ó día. ¡¡¡ Non tomar durante a preñez !!!
-Filipéndula: (Filipendula ulmaria) Infusión dunha cullerada de planta seca nunha cunca de auga quente -sen que chegue a ferver, para non destruír o ácido salicílico- Tomar 4 cuncas ó día fora das comidas.
-Gatuña: (Ononis spinosa) Cocemento ó 5 % da raíz seca. 5 cuncas ó día.
-Fresa: (Fragaria vesca) Tres a catro cuncas diarias da infusión das follas e das raíces.
-Limoeiro: (Citrus limonum) Tomar o zume da planta, fresco e a vontade.
-Ortiga: (Urtica dioica) Cocemento da raíz seca durante 10 minutos. Tomar 3 cuncas ó día. Infusión de dúas culleradas de follas secas por litro de auga. Tomar tres veces ó día antes das comidas.
-Primavera: (Primula officinalis. Primula veris) Cocemento dunha presa de flores en medio litro de auga. Tomar varios vasos pequenos ó día.
-Sanguinaria: (Paronychia kapela) Infusión dunha cullerada de prostre de sumidades florais. Tomar tres cuncas ó día.
-Saponaria: (Saponaria officinalis) Cocemento de 50 gr. de follas secas por litro de auga. Filtrar sen deixar repousar para evitar que se formen toxinas. Tomar 2 vasos ó día.
-Salgueiro: (Salix alba, Salix purpúrea) Cocemento ao 3 % da carapela, durante un cuarto de hora. Tomar tres cuncas ó día.
-Verbena: (Verbena officinalis) Infusión durante 15 minutos dunha cullerada de planta seca por cunca de auga. Tomar 3 cuncas ó día. ¡¡¡ Non tomar durante a preñez !!!
Plantas hipouricemiantes: Son aquelas que rebaixan o nivel de ácido úrico. Delas cabe destaca-las seguintes:
-Uz: (Calluna vulgaris) Infusión de dúas culleradas de flores por cunca de auga durante 15 minutos. Tomar tres cuncas ó día.
-Bidueiro: (Betula alba) Infusión de 40 gr. de follas secas por litro de auga durante 10 minutos. Tres cuncas ó día.
-Allo: (Allium sativum) Cocemento de 4 dentes de allo nun litro de auga. Tomar 2 vasos ó día.
-Cebola: (Allium cepa) 3 copiñas ó día da maceración de 300 gr. de cebola esmagada nun litro de viño.
-Cerdeira: (Prunus avium) Cocemento dos pedúnculos florais ou do froito seco: ferver durante 10 ou 12 minutos 40 gr. de pedúnculos despois de habelos deixado macerar en auga 6 ou 7 horas. Despois de filtrar o preparado tomar tres taciñas ó día, despois das principais comidas. É un tratamento que ten moito poder diurético e ten que utilizarse con prudencia naquelas persoas que teñan problemas de hipotensión (cunha tensión baixa o uso deste tratamento pode levar a que esta baixe demasiado.
-Infusión de pedúnculos: facer unha infusión dunha cullerada de pedúnculos por cunca de auga, durante 5 minutos. Arrefriar e tomar tres cuncas ó día despois das principais comidas.
-Freixo: (Fraxinus excelsior) Cocemento ao 2 % da carapela. Tomar 3 cuncas ó día.
-Pataqueira: (Solanum tuberosum) Comer patacas cociñadas.
-Ulmaria: (Filipendula ulmaria) Infusión durante un 1/4 de hora dunha cullerada de planta seca en auga quente sen ferver. Tomar 4 cuncas ó día.
-Vara de ouro: (Solidago virgo aurea) Infusión durante 30 minutos dunha cullerada de planta seca por cunca de auga. Tomar 3 cuncas ó día.
-Vide: (Vitis vinifera) Cocemento ao 3 % de pedúnculos durante 5 minutos. Tomar 3 cuncas diarias.
-Silvamar: Rigorda: (Smilax aspera) Infusión durante 10 minutos dunha culleradiña por vaso de auga. Tomar tres vasos ó día). Nalgúns casos produce irritacións de estómago. Deixar o tratamento.
Uso externo: A fitoterapia desta enfermidade centrase externamente en aliviar a dor articular que produce esta enfermidade, facendo que esta sexa mais soportable. É moi interesante, ademais da fitoterapia, a aplicación de cataplasmas de barro fríos varias veces ó día para reduci-la dor.
-Fieito femia: (Athyrium filix-foema) Cataplasma de follas frescas envoltas nun pano sobre da articulación afectada durante toda a noite
-Ortiga morta: (Lamium album) Baños de cintura coa infusión duns 40 gr. de planta seca por litro de auga. Verter uns 5 litros na auga do baño. Permanecer uns 20 minutos e meterse despois na cama sen secarse.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios