Primeiras andanzas do fin de curso no Conservatorio

82

Eran as 18:50 horas e estabamos todos moi nerviosos polo concerto, os frautistas enriba na aula co profesor Pablo, e enbaixo os pianistas con Ernesto e conmigo 😉
Empezaban a entra-los pais e os cativos cada vez máis nerviosos…

concerto.frauta.02.jpg


Estabamo-los tres profesores decidindo a orde en que ían a participar os ‘nosos’ nenos, cando ¡¡¡AHÍ FOI!!! quedamos sen luz.
E o peor de todo, QUEDAMOS VENDIDOS POR UN CLAVINOVA. Tíñamo-lo concerto preparado para facelo nun piano eléctrico por non andar cos pianos acústicos dun lado para outro, xa que están no piso de arriba e para movelos temos que martirizar ós compañeiros de obras (e a nosoutros tamén rezando para que non pase nada no traslado…)

concerto.frauta.01.jpg

Xa se empezaba a facer un pouco de noite e o ceo estaba anubrado así que non se vía moito. Abrimo-las persianas da aula ‘colectiva 1’ para poder ver algo mellor e empezaron a toca-las frautistas máis pequenas do reino na espera de que volvese a luz e puidésemos face-lo concerto de piano. Pero non foi así, tocaron as pequeniñas, as non tan pequeniñas e o menos pequeno ….. pero a luz non aparecía por ningures.
E non apareceu ata as 20:45 horas. 🙁
O concerto de piano foi aprazado para o luns 7 de xuño ás 18:00 horas en Dopeso. A ver se non pasa nada entón.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios