Red.es realiza unha análise forense informático ós ordenadores atacados por virus

49

Lendo libertaddigital.com:
“O organismo oficial de seguridade informática ‘Red.es’ informou sobre un sistema para analizar ordenadores atacados por virus mediante unha ‘análise forense informático’, chamado así pola súa semellanza coa investigación policial, que reconstrúe as accións executadas polos atacantes.”…


…”A análise forense realízase en equipos informáticos atacados previamente e nos que o agresor conseguiu un control total do equipo, explica Red.es nunha nota de prensa.
Durante o acto de presentación deste programa de análise de ordenadores atacados por virus, realizada por Red.es, a traveso de RedIRIS, nun congreso que se celebra en Cidade de México, explicáronse detalladamente os pasos a seguir no caso de ataque, porque ‘os hackers’ e os seus virus deixan pegadas nos ordenadores de igual modo que un atacante físico as deixa sobre a súa víctima.
En primeiro lugar, procédese a ‘conxela-la escea’, é dicir, a realizar unha copia do estado no que se atopan os sistemas atacados, de forma que se poidan ‘preserva-las evidencias’. A continuación, inténtanse descubri-los programas que foron executados, os datos lídos ou os modificados, e se indica a secuencia de accións que realizou o atacante no equipo para reconstruir así as súas accións. Posteriormente, procédese a identificar, no seu caso, ó responsable informático a traveso das súas pegadas virtuais.”
Fonte: libertaddigital.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios