¿Qué lles preocupa ós usuarios de PDA?

70

Lendo iblnews.com:
“Tras analizar máis de 20.000 conversacións en máis de 100 foros durante os últimos tres meses, DiceLaRed presenta o seu estudio sobre a PDA. A primeira conclusión é a hexemonía de Palm, que a leva a ocupar case a metade das referencias dos usuarios.”…


…”Palm domina as mensaxes sobre PDA cun 50% de presencia, HP Compaq representa un 33%, Acer un 10% e Sharp e Psion, en menor medida, completan o reparto.
Os modelos máis comentados son o TSM-500 de Movistar, o iPack H3970, o Toshiba e740, iPack H3630 e o H3950, agrupando en total máis da metade das conversacións.
O resto do pastel reparteno HP Compaq, cun 33%, ACER cun 10%, e cantidades menores para Sharp e Psion. En canto modelos, os cinco máis mencionados son o TSM-500 de Movistar, o iPack H3970, o Toshiba e740, iPack H3630 e o H3950, agrupando máis da metade das conversacións.
A converxencia co móvil, os dispositivos GPS, e a conectividade por BT e WiFi (con ata un 10% das conversacións mantidas) son os temas estrela entre estos usuarios, seguidos polo uso como teléfono móvil dads PDA, e navegar por Internet.
Os usuarios non se poñen de acordo sobre qué funcionalidade debería de impoñerse: ¿trátase dun móvil con PDA incorporada, ou dunha PDA coa que se poden facer chamadas? Modelos coma o Nokia 9210i, o 6600, ou o TSM 500 son moi debatidos, pero éstos e outros modelos ‘smartphones’ percíbense moitas veces como caros, grandes e pesados. En xeral considéraselles ou moi grandes para facer de móbiles, ou moi pequenos para conter unha pantalla adecuada a unha PDA.
Ó igual que cos teléfonos móbiles no último informe de DiceLaRed, unha maioría clara de conversacións conteñen consultas e comentarios relacionados con necesidades de conectividade, que no caso das PDA son moi diversas, e oscilan dende a integración con dispositivos GPS e móviles, ata a conexión con proxectores para facer presentacións powerpoint. Bluetooth e WiFi son as tecnoloxías máis comentadas, e a conexión por cable apenas ten reflexo.
Tra-la conectividade, a abundancia de conversación relativas a dispositivos GPS fálanos dun público profesional na súa maioría, ou con alto poder adquisitivo. As preguntas sobre dispoñibilidade de rueiros e mapas ocupan tamén unha parte significativa das preguntas.”…
iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios