15.-ALGUNHAS APLICACIÓNS DAS PLANTAS (X)

65

20-PLANTAS AXEITADAS PARA A PREÑEZ.
Entre das plantas axeitadas para a preñez teríamos aquelas que teñen a propiedade de tonificar os músculos uterinos e cubrir as esixencias de minerais tan esenciais coma o calcio necesario na formación dos osos. Por tratarse dunha época na que a muller esta sometida a unha gran presión é bo tomar aquelas plantas que actúan sobre do sistema nervioso.


Entre das plantas axeitadas para a preñez teríamos aquelas que teñen a propiedade de tonificar os músculos uterinos e cubrir as esixencias de minerais tan esenciais coma o calcio necesario na formación dos osos. Por tratarse dunha época na que a muller esta sometida a unha gran presión é bo tomar aquelas plantas que actúan sobre do sistema nervioso.
-A framboesa: (Rubus ideaus). A súa acción radica na influencia do alcaloide fragarina. Ademais de tonificar os músculos uterinos e relaxalos (con iso conseguirase diminuír as dores de parir), axuda a evita-los vómitos, é lixeiramente sedante, polo que pode substituír a outras herbas que exercen unha acción irritante e drástica que resulta perigosa durante a preñez. (Infusións das follas).
-A ortiga: (Urtica dioica): Como mineralizante, especialmente en canto que á súa riqueza en calcio e polo seu gran contido en vitaminas, resulta un tónico xeral do organismo moi axeitado para cubrir o desgaste que supón o embarazo.
-A alfalfa: (Medicago sativa): Polo seu contido en calcio e magnesio e pola presencia de potasio que actúa coma un sedante do sistema nervioso.
Outras plantas axeitadas para a preñez son: o áloe (Aloe vera), a cabaza (Cucurbita pepo), o coco (Cocus nucifera), o chiculate (Teobroma cacao).
Plantas para mellora-la tendencia ó vómito: o romeo, (Rosmarinus officinalis), a manzanilla, (Matricaria chamomilla) ou a sarxa (Salvia officinalis).
Plantas perigosas para o embarazo: Como plantas perigosas teríamos que evitar as que sobreestimulan os músculos uterinos podendo chegar a inducir ao aborto. Entre elas teríamos as seguintes:
-Coroa de rei: (Saxifraga longifolia Lapeyrouse) e a Coroa de raíña (Saxifraga catalaunica).
-As rudas: (Ruta graveolens e Ruta angustifolia), plantas emenagogas cuxo principio tóxico (soforina ou citisina) cunha acción semellante a da estricnina ou curare, pode provocar abortos. Este principio produce aumento da circulación do sangue no útero, provocando menstruacións forzadas e abortos.
-Tarraguillo: (Dictamnus hispanicus) Utilizado polos pastores para facer abortar ás cabras e tamén se ten empregado en maceración con augardente para a mesma finalidade en persoas. O seu aceite esencial é moi inflamable.
-O perexil: (Petroselinum crispum) A presencia do apiol no aceite esencial ten un efecto abortivo. A planta fresca non pode levar a abortos porque o contido en aceite esencial respecto ó seu peso específico é demasiado baixo.
Recomendase non utilizar o aceite esencial polo seu poder tóxico, tanto polo apiol, cuxa doses abortiva atópase moi cerca da doses mortal, coma pola presencia de furocumarinas, substancias fototóxicas. De tódolos xeitos é unha planta da que non se pode abusar. O fiúncho (Foeniculum vulgare) tamén é moi rico en apiol e o seu aceite esencial debería deixar de tomarse mentres se esta preñada.
Outras plantas abortivas son: Colocasia (Colocasia esculenta), o matapolo (Daphne gnidium), A herba de San Xoán (Hyperycum perforatum), o hibisco (Hibiscus rosa-sinensis), o sésamo (Sesamum indicum), a vinca (Vinca major), a sabina (Juniperus sabina).
Plantas que son consideradas coma os grandes tóxicos ou velenos en xeral e deberían evitarse en todo momento, pero especialmente mentres se estea preñada, sobre todo as que presentan compoñentes declarados expresamente coma abortivos. Polo seu contido en esparteína: o acónito (Aconitum napellus), o escobón (Sarothamnus scoparius), a xinesta ou gaiumba (Spartium junceum), polo seu contido en esparteína, o cólquico (Colchicum autumnale), polo seu contido en colchicina, a nueza (Strychnos nux-vomica) pola estricnina.
Moitas das plantas que se utilizan como condimentos coma o ourego (Origanum vulgare) o comino (Cominum cyminum), a axedrea (Satureja montana), o xenxibre (Zingiber officinale). Posúen un alto contido en beta-bisaboleno.
Outras plantas que posúen un gran valor aromático, ricas en esencias , posúen beta-thujone, coma o romeo (Rosmarinus officinalis), a lavanda (Lavandula latifolia), a sarxa (Salvia officinalis) a menta piperita (Mentha piperita) o hisopo (Hyssopus officinalis), a albacora (Ocimum basilicum), a absenta (Artemisia absentium), tomados en grandes cantidades, tanto a planta verde, seca e especialmente o seu aceite esencial, poden resultar abortivos. En xeral e para evitar posibles complicacións teríanse que absterse de toma-lo aceite esencial mentres se estea preñada. En todo caso, haberíase de consultar ó médico para precisar que aceite pode resultar prexudicial e as doses axeitadas, pero nunca recorrer á automedicación.
Plantas purgantes, con principios pola súa acción extrema sobre da musculatura do estómago e, por derivación, pode afectar tamén ao útero. Entre delas teríamos as casias (Cassia senna) ou a frángula (Rhamnus frangula) ou a cáscara sagrada (Rhamnus purshiana).
Tampouco convén abusar de froitos como, o anana (Ananas comosus), a cirola (Prunus domestica) ou os dátiles (Phoenix dactylifera), son ricos en serotonina, un principio abortivo. As peles do plátano (Musa x paradisíaca) tamén conten o mesmo compoñente.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios