16.-ALGUNHAS APLICACIÓNS DAS PLANTAS (XI)

118

21-ENFERMIDADES DA PEL.
Causas principais: Os problemas alimentarios; A polución atmosférica; Os tóxicos no traballo ou no fogar; O estres; O exceso da radiación solar e As drogas.


21-ENFERMIDADES DA PEL.
Causas principais:
Os problemas alimentarios: Moitas das enfermidades da pel son producidas por unha mala alimentación, deficiente en compoñentes que son precisos para ter unha pel en bo estado, coma, por exemplo, as vitaminas A, E, C; os minerais calcio e selenio, as proteínas ou o betacaroteno.
A polución atmosférica: A emisión de productos contaminantes á atmósfera é outro dos feitos que deixan a nosa pel en mal estado.
Os tóxicos no traballo ou no fogar: A necesidade de estar en contacto con productos químicos no traballo cotiá supuxo a aparición de enfermidades da pel.
O estres: Responsable de producir alteracions vasculares que levan a unha falla de rego no sangue periférico co conseguinte refrexo na saude da pel.
O exceso da radiación solar: Pola crecente necesidade imposta pola moda de ter unha pel bronceada en extremo.
As drogas: O tabaco, o abuso do alcohol e outras drogas ou medicamentos son responsables de levar ó noso corpo a unha estadía xeral de toxicidade.
22-OS CALLOS: os callos son engrosamentos duros da pel nos dedos dos pés, mans, etc.
Síntomas: Engrosamento da pel. No caso dos pies, dor na zona afectada.
Causas: Zapatos demasiado axustados. Roce dalgunha parte do corpo.
Fitoterapia: Uso externo:
-Allo: (Allium sativum) Cataplasma de dentes de allo sobre da zona afectada. Aplicar durante 12 noites seguidas.
-Aro: (Arum italicum Miller) Aplicar cataplasma co tubérculo fresco.
-Herba calleira: (Sedum telephium) Aplicar as folls, unha vez quitada a pel exterior, sobre do callo.
-Figueira: (Ficus carica) Aplicar sobre do callo o zume branquecino e leitoso das follas.
-Pampaxarito: (Sedum acre) Cataplasma da planta esmagada aplicada sobre do callo.
23-ECCEMAS: Afeccións non contaxiosas da epidermes caracterizada por la presencia de pústulas, costras, etc.
Síntomas: Picor, placas na pel que van e veñen, costras, etc.
Causas: Alimentación pouco axeitada. Demasiadas graxas animais, bébedas alcohólicas, pastas, chiculate, etc.
Fitoterapia: Uso interno:
-Borralla: (Borrago officinalis) Cocemento durante 10 minutos de 50 gr. da planta seca nun litro de auga. Tres ou catro cunquiñas ó día.
-Loureiro: (Laurus nobilis) Amolecer durante 15 días unha presa de baias en 250 gr. de aceite de oliva. Filtrar e aplicar cunha gasa o líquido resultante sobre da superficie afectada.Verter unhas presas de follas secas na auga quente do baño.
-Malva: (Malva sylvestris) Compresa fría coa decocción dunha presa de follas secas por litro de auga.
-Ortiga: (Urtica dioica) Cocemento dunha presa de ortigas por litro de auga. Duas o tres cuncas diarias. Comer as ortigas en verdura, fervidas xunto coas espinacas. Tomar a cantidade que se desexe. Zume de ortigas.
-Sabugueiro: Bieiteiro: (Sambucus nigra) Cocemento de 50 gr. de carapela por litro de auga. 3 cuncas ó día.
-Trinitaria: (Viola tricolor) Infusión de 60 gr. da planta seca por litro de auga. 3 cuncas ó día.
-Verónica: (Veronica officinalis) 50 gr. das flores secas por litro de auga. 2 ou 3 cuncas ó día)
Uso externo:
-Gamón: (Asphodelus Cerasifer) Aplicar 7 veces ó día un corte recente do tubérculo fresco sobre da zona afectada.
-Gaiuba: (Arctostaphylos uva-ursi) Cocemento dunha presa de follas secas nun litro de auga durante 10 minutos. Aplicar o líquido resultante cunha gasa sobre da zona afectada.
-Malva: (Malva silvestris) Cocemento dunha presa de flores e follas secas por litro de auga. Aplicar unha compresa fría.
-Limón: (Citrus limonum) Cataplasma do zume de limón con aceite de oliva.
-Manzanilla: (Matricaria Chamomilla) Infusión dunha presa da planta seca por litro de auga. Aplicar unha compresa quente sobre da zona afectada.
-Salicaria: (Lythrum salicaria) Decoccion dunha boa presa de sumidades florais secas por litro de auga. Aplicar unha compresa sobre da zona afectada.
-Sarxa: (Salvia officinalis) Infusión dunha presa de follas secas por litro de auga. Aplicar unha compresa.
24-DEGRESAS: as degresas son canles da pel que aparecen especialmente no cu, labios ou no seo.
Síntomas: Aparición das degesas. As veces, dor.
Causas: Lactancia (degresas nos pezons). Frío (degresas nas mans oo nos labios).
Fitoterapia: Uso externo:
-Alhova: (Trigonella foenum-graecum) Cocemento dunha boa presa de sementes en medio litro de auga, ata que teñamos o líquido ben concentrado. Aplicar sobre da zona afectada.
-Grasilla: (Pinguicula grandiflora) Aplicar o zume da planta exprimida sobre das degresas.
-Milfollas: (Achillea millefolium) Aplicar o zume fresco da planta sobre das degresas.
25-HERPES: A herpes é unha enfermidade da pel caracterizada poa aparición reiterada en certos sitios do corpo (meixelas, cachas, etc) deunhas vexigas pequenas que, ao romper, producen costras que desaparecen ó cabo duns 8 días.
Síntomas: Picor, vesículas que vanse estendendo; aparición das mesmas cada certo periodo de tempo e durante moitos anos.
Causas: Alimentación pouco axeitada. Demasiadas graxas animais, bebedas alcohólicas, pastas, chiculate, etc.
Fitoterapia: Uso interno:
-Ortiga: (Urtica dioica) Cocemento dunha presa de ortigas por litro de auga. Duas ou tres cuncas diarias. Comer as ortigas en verdura, fervidas xunto con espinacas. Tomar a cantidade que se desexe. Zume de ortigas.
Uso externo:
-Buglosa azul: (Aguja genevensis) Infusión de 2 culleradas da planta seca por cunca de auga. Lavar a zona afectada.
-Uz: (Erica carnea) Poñer a amolecer 250 gr. de flores secas por litro de aceite durante 15 días. Aplicar sobre da zona afectada.
-Consolda: (Symphytum officinale) Cataplasma da planta seca.
-Xeranio sanguíneo: (Geranium sanguineum) Infusión durante 15 minutos dunha cullerada da planta seca. Lavar a zona afectada.
-Manzanilla: (Matricaria Chamomilla) Infusión dunha presa da planta seca por litro de auga. Aplicar unha compresa quente sobre da zona afectada.
-Nogeira: (Juglans regia.) Cocemento de 40 gr. de follas secas por litro de auga. Aplicar unha compresa sobre da zona afectada.
-Salicaria: (Lythrum salicaria) Cocemento durante media hora de 300 gr. da planta seca por litro de auga. Aplicar unha compresa sobre da zona afectada.
-Sarxa: (Salvia officinalis) Infusión dunha presa de follas secas por litro de auga. Aplicar unha compresa.
26-PIOLLOS, LADILLAS E MOSQUITOS: Parásitos que, ademais de supoñer un risco sanitario, producennos un gran malestar na pel.
Fitoterapia:
-Áloe: (Aloe vera) Zume do áloe ou emplastos.
-Poleo: (Mentha pulegium) Restrega-la planta fresca por encima da pel para espanta-las pulgas.
-Albacora: (Ocimum basilicum) A planta viva cerca de nos espanta os mosquitos. Era un bo remedio tradicional poñer xunto a almofada un cachiño de planta fesca.
-Perexil: (Petroselinum hortense) Cocemento da planta seca. Lavar as partes afectadas para espanta-las moscas ou ladillas.
-Anís: (Pimpinella anisum) Mesturar a partes iguais de aceite e alcohol. Restregar a parte afectada para espantar piollos ou ladillas.
27-PSORIASES: Enfermidade da pel caracterizada pola aparición crónica dunha placas roiba e escamosa, fundamentalmente nos codos, xionllos e no coiro cabeludo.
Síntomas: A parte das placas mencionadas, en xeral non produce ningún síntoma mais. Son poucos os casos nos que os afectados sofren picores.
Causas: Alimentación pouco axeitada. Demasiadas graxas animais, bebedas alcohólicas, pastas, chiculate, etc.). Causas de orixen psíquico.
Fitoterapia: Uso interno: (Infusions de plantas depurativas)
-Dente de león: (Taraxacum officinale) Infusión das raíces ou follas secas. Tomar as follas crus en ensalada.
-Fumaria: (Fumaria officinales) Infusión das flores. Unha cullerada de flores por cunca.
-Bieiteiro: (Sambucus nigra) Infusión das flores. Unha cullerada de flores por cunca. Froitos en mermeladas.
-Perexil: (Petroselinum hortense) Cocemento de 50 gr. de raíz por litro de auga. Unha cunca ó día en pequenas doses.
28-SARNA: Enfermidade contaxiosa da pel causada polos conductos que construe debaixo da pel o parásito ácaro da sarna (sarcoptes scabiei). Aínda que hoxe en día debido á avanzada hixiene non é cotiá padecer este mal.
Síntomas: Picor extremo nos dedos, axilas, monecas, codos, órganos xenitais. Acentuación da dor pola noite ó meterse na cama.
Causas: Parásito.Víricas. Pouca limpeza persoal que favorece a implantación d parásito.

Fitoterapia: Uso externo
:
-Allo: (Allium sativum) Refregar a parte afectada con allo esmagado en aceite de oliva.
-Evonimo: (Evonymus europaeus) Cocemento de 30 gr. dos froitos nun litro de auga. Lavar a zona afectada. ¡¡¡ O evónimo en uso interno es tóxico!!!
-Oliveira: (Olea Europea) Refregar a parte afectada con aceite de oliva.
-Xarxa: (Salvia officinalis) Gargaras coa infusión da planta seca.
29-URTICARIA: A urticaria é unha enfermidade da piel consistente na aparición de puntos bermellos parecidos á picadura dunha ortiga e dun efecto parecido. Da a sensación que nos están picando ortigas.
Síntomas: Aparición dos puntos. Picor forte que soe desaparecer decamiño sen deixar pegadas.
Causas: Alerxia a certos alimentos (fresas, conservas, leite, chiculate, etc.), Axentes físicos. ( sol, ar, etc.), Contacto con plantas ou animais (ortigas, hedra, insectos, animais domésticos, etc). Contacto con determiñados productos químicos ou drogas. (deterxentes, opio, etc). Certas enfermidades infecciosas. (Tifos).
Fitoterapia: Uso interno: (Infusions depurativas)
-Dente de león: (Taraxacum officinale) Infusión das raíces ou follas secas. Toma-las follas crúas na ensalada.
-Fumaria: (Fumaria officinales) Infusión das flores. Una cullerada de flores por cunca)
-Sabugueiro: (Sambucus nigra) (Infusión de las flores. Una cullerada de flores por cunca.) (Frutos en mermeladas)
-Perexil: (Petroselinum hortense) (Cocemento de 50 gr. de raíz por litro de auga. Una cunca ó día en pequenas doses.
30-VERRUGAS: Enfermidade contaxiosa da pel, consistente nun abultamento desta por hipertrofia das papilas gustativas da epidermes. Producese pola acción dun virus.
Síntomas: Aparición de los abultamientos. En xeral son indoloros.
Causas: Víricas.
Fitoterapia: Uso interno:
-Allo: (Allium sativum) Cataplasma de allo sobre da verruga.
-Col: (Brassica oleracea) Aplicar o zume da col sobre da verruga.
-Herba verrugueira: Celidonia: (Chelidonium majus) Aplicar o zume leitoso sobre da verruga.
-Verrucaria: (Heliotropum europaeum) Emplaste dos froitos sobre das verrugas.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios